Cambados 31 de Agosto de 2009
OS GAITEIROS HOMENAXEARON A CABANILLAS
O PE DO SEU MONUMENTO NO PASEO DA CALZADA.
OS TERRIBLES DE AROUSA
UNHA GRANDE CHEA
VOLANDEIRA
XIRONXA
OS XESTEIRAS
Coa presenza do Alcalde Cambados, Luis Aragunde e de numerosísimo público os gaiteiros homenaxearon a Cabanillas. En primeiro lugar actuaron os Terribles de Arousa, quenes tamén leron uns versos do noso autor sobre os gaiteiros, de seguido subeu o palco Unha Grande Chea, quen por medio do seu presidente Chon, deu lectura a un poema e de seguido procederon a interpretar douas temas, a foliada “Vilaxoan” e o “Pasadoble de Viascón”, a continuación subiron os rapaces de Xironxa, logo os de Volandeira, ata que chegou o intre máis emocianante do evento cando o mellor gaiteiro de Galicia, Xaquin Xesteira, sube o palco ansalza a figura do autor, presume de cambadés, da lectura a un poema e interprete unha preciosa Alborada que arrancou os aplausos máis grandes da noite, a conitnuaciuón e por primeira vez , actuou en público cos seus fillos Anxo e Roi interpretando unha muiñeira composta por el mesmo denominada “O Rillachavos”, pecharon o acto os “Terribles de Arousa”. O acto foi organizado polo concello, encargándose da súa producción Inma Cores e da presentación do mesmo o biografo de Cabanillas Luis Rei. Podes ver en vídeo a interpretación de Unha Grande Chea premendo AQUÍ e a dos “Xesteira”, premendo AQUÍ, ou máis arriva en “Os Nosos videos”.