Cambados 28 de Agosto de 2009
OS GAITEIROS CON DON RAMÓN
O DOMINGO ÁS 21 HORAS
NO PASEO DA CALZADA, O PE DO SEU MONUMENTO
Os Terribles de Arousa
Unha Grande Chea
Volandeira
Xironxa
Xaquín, Anxo e Roi Xesteira, todo un espectáculo para ver o vindeiro domingo.
O vindeiro domingo ás 21 horas diante do monumento a D. Ramón no Paseo da Calzada vai ter lugar a grande homenaxe dos gaiteiros da bisbarra o noso “Poeta da Raza”, el que ben soubo cantar as excelencias dos nosos homes da gaita mediante as suas poesias cheas de amor e tenrura. D. Ramón co noso idioma facia marabillas e nos o domingo queremoslle rendir pleitesia e facerlle o mesmo tempo unha homenaxe sentida a par que emocionada, para elo esteramos ali : “Os Terribles de Arousa” que van ser os mantenedores musicais do acto e que tamén leran un poema do noso egrexio escritor, tamén estaremos nos, os de Unha Grande Chea, que dun xeito ou doutro grazas a homenaxe que fixemos no 2006, fumos os precursores deste Ano Cabanillas 2009, e non podiamos faltar nesta homenaxe, coa interpretación de duas pezas e a lectura dun poema por parte do noso presidente Chon. Tamén estará o grupo Volanderia, que tamén botarán duas pezas e farán lectura don poema de D. Ramón. Xironsa tampouco podia faltar nesta homenaxe con duas pezas e a lectura dun poema. Con de Xido , por circunstancias de traballo non poderán actuar coas gaitas e só procederán a lectura dun poema. Pero quen si vai estar é o mellor gaiteiro de Galicia, Xaquin Xesteira, a persoa que coa suá gaita vai honrar a Cabanillas dun xeito moi especial, porque non vai tocar só , vaino facer cos seus fillos Anxo e Roi , e o mellor agasallo que D. Ramón podia recibir dos gaiteiros de Cambados, o mellor gaiteiro de Galicia e os dous futuros mellores gaiteros do noso pais, non vos podedes perdes este fermoso espectáculo, Agardamosvos. E Falemos galego como facia D. Ramón. Tamén queremos aproveitar para felicitar o noso vicepresidente Ramón Martinez Ulloa , porque onte tomou posesión como novo concelleiro de Cambados. Parabens "Martines".
Este Sábado 29 de Agosto
4ª Edición BASKET 3×3 que organizan Anidega e a Embaixada Prusiana.
No aparcamento do paseo marítimo fronte a Alameda de Santomé.
As 16:00h. se realizará o sorteo dos grupos e as 16:30 comezan os partidos.
Lugares de Inscripción:
Rif-Rock, no Tetuán e na Leria (5€ por xogador)
Lembrade que os equipos poden estar compostos por 3 ou 4 xogadores/as (permítese un suplente) e botádelle un ollo ó regulamento que hai novidades!!!
*Ademáis de tóda-las institucións i empresas colaboradoras e patrocinadoras que saen no cartel, anúnciovos que Chourizo Films é o medio oficial de covertura do evento..
BASKET 3×3 REGULAMENTO.
§ O campo de xogo será o equivalente a media pista de baloncesto e unha canastra.
§ Os equipos estarán compostos por tres xogadores, e poden contar con un xogador reserva.
§ Cada equipo nomeará un capitan que será o representante único.
§ O xogo será a 15 puntos con 2 de vantaxe e terá unha duración máxima de 10 minutos. O rematar este tempo, gañará o encontro o equipo que vaia por diante no marcador.
§ No caso de que o partido remate en empate, cada xogador terá que lanzar un tiro libre, e gañará o equipo que máis canastras anote.
§ En caso de empate ó finaliza-la liga de grupos, o equipo con maior básquet-average ó seu favor será o que pase á seguinte ronda.
§ Cada canastra vale un punto, agás aquelas conqueridas máis lonxe de 6,25, que valerán 2 puntos.
§ A primeira posesión do balón será sorteada.
§ Despois de cada cambio de posesión, rebote defensivo ou balón recuperado, o balón deberá saír da liña de 6,25.
§ Despois de cada canastra o balón troca de posesión e iniciase o xogo dende o medio campo.
§ Cando o balón saia fora, deberá poñerse en xogo dende a banda.
§ As loitas supoñen, sempre, a posesión do balón para o equipo que se defendía.
§ As faltas sacaranse sempre de banda.
§ Cada 5 faltas de un equipo defensor supón un tiro libre (con valor de 1 punto) que se lanzará sen perder tempo, e sen posibilidade de rebote, posto que a posesión continuará no equipo atacante.
§ As faltas intencionadas non se permitirán e serán penalizadas con un tiro libre, posesión do balón ó equipo que sufriu a falta e expulsión do xogador agresor.
§ O principio fundamental do 3X3 é o "fair-play", ou xogo limpo. Cada partido rexerase por este principio e os participantes actuarán como árbitros. Cada xogador debe declarar as faltas que comete. En caso de liorta os equipos involucrados serán expulsados da competición.
§ Ningún xogador poderá xogar en máis de un equipo.
§ Os equipos que se retrasen máis de 5 minutos no comenzo do encontro quedarán descalificados.
§ Queda totalmente prohibido colgarse do aro, o que se penalizar con expulsión directa do equipo.
§ Calquera circunstancia non contemplada, será competencia exclusiva dos responsables da organización e a sua decisión última será inapelable.
§ – A inscripción no torneo de baloncesto 3×3 supón a total aceptación de estas normas.
ACTIVIDADS PARA HOXE EN CAMBADOS:
As 10 na Piscina Municipal do Pombal, natación para embarazadas. As 10, 14, 16 e 20 horas no peirao de Tragove, Xi Escola de Verán de Vela. As 10.30 no Parque de Torrado, día dos nenos, fin de actividades, función de despedida de As Roladas..