Humor Grandecheo: DEFINICIÓN DE FÁCIL: MULLER QUE TEN A MORAL SEXUAL DUN HOME.

Cambados 27 de Agosto de 2009

¡¡¡QUE GARDAS AQUELES!!!

TRABALLARON DURO DENTRO DAS SÚAS POSIBILIDADES

De esquerda a dereita: Prado, Sr. Carril, Costa, O de Vilanova (lamentamos non nos lembrar do seu nome), Méndez Rico, Emilio "Willy", Ramón Dominguez e Reboredo, o fondo Sr. Fidalgo.

Os que andamos polos 40 ou 50 temos un recordo especial dos que compuxeron ás ordes de Méndez Rico a Policía Local de Cambados. Traballaron duro , a veces nunhas condicións non adecuadas en canto a instalacións e medios. Que non se lembra de Prado, un home serio o que debido a súa altura todos lle tiñamos medo, ou de Sr. Carril, serio pero a veces simpático, ou de Costa que  era un lince facendo notificacións coñecía Cambados o "dedillo", ou do de Vilanova (lamentamos non nos lembrar do seu nome) sempre tan lento pero tan seguro,  ou do Xefe Méndez Rico, que era a elegancia personificada aínda estando de uniforme, exixente pero o mesmo tempo condescendente cos seus homes, e sobre todo que non se lembra de “Willy” como todos o coñeciamos era un espectáculo velo dirixir o tráfico, con tal elegancia que a veces parecía estar bailando “O lago dos Cisnes”, ou de Ramón Rodriguez, que entendía moi ben a xente de Cambados e sabia como tratala, ou de Reboredo, eficiente a par que serio, sen esquecernos do que está o fondo na foto o Sr. Fidalgo, vixiante de parques e xardíns, que sempre nos corría do parque, ou porque pisabamos o céspede, ou porque estabamos no columbios fora de hora…. En fin son xente que deixou pegada na vila e agora todos eles está xubilados, o último en facelo foi Costa, ou incluso algún falecido. Dende este humilde espazo a nosa homenaxe a estes homes que deixaron unha grande parte da súa vida o servizos dos cambadeses, e que tamén merecia estar o seu recordo en Internet.

 

ACTIVIDADES PARA HOXE EN CAMBADOS:

As 10 no Parque de Torrado, simnasia para maiores ao aire libre dentro do programa Cambados, Concello Saudable. As 10, 14, 16 e 20 , no peirao de Tragove, XI Escola de verán de vela.

About unhagrandechea1

Somos a Asociación Cultural e DeportivaUNHA GRANDE CHEA de Cambados, vivimos para o Antroido e o Albariño. Tamén organizamos outros actos na vila. Se nos queres ver o careto estamos aquí nesta ligazón: http://picasaweb.google.es/unhagrandechea/XUNTADIRECTIVA?feat=directlink E se nos queres coñecer máis a fondo visita a nosa páxina web : www.unhagrandechea.org.es O que che está escribir é Chon , o presidente de Unha Grande Chea.
Esta entrada foi publicada en CAMBADOS UNHA GRANDE CHEA. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s