Cambados 26 de Agosto de 2009
MÁIS APARATOS PARA A TERCEIRA IDADE
O CONCELLO QUERE AMPLIAR O CIRCUITO DE XIMNASIA DO PARQUE DE TORRADO
A xunta de goberno vén de solicitar unha subvención á secretaría xeral para o Deporte, destinada á ampliación do circuito biosaudable para a terceira idade no parque de Torrado.
A memoria redactada polos técnicos municipais eleva a 11.600 euros o orzamento necesario para ampliar o espazo e o número de aparellos do circuito, que implicaría duplicar a súa capacidade actual.
Durante o presente verán estanse a celebrar case todos os días taboas de ximnasia para maiores, actividade incluida na campaña Concellos Saudables, quedando patente a necesidade de contar con máis mecanismos dado o elevado número de participantes que acude ó parque.
Esta axuda solicitada corresponde a realización de obras de construcción, mellora, acondicionamento e reforma de instalacións en espazos deportivos, e para a adquisición de equipamentos deportivos en 2009.
ACTIVIDADES PARA HOXE EN CAMBADOS:
Na pisicina municipal do Pombal, natación para embarazadas, campaña Concello Saúdable. As 10, 14,16 e 20, no peirao de Tragove, XI Escola de Verán de Vela. As 21 horas no Pazo de Torrado. De rosas e roseiras, recital poético 2009 Ano Cabanillas.