Cambados 29 de xullo de 2009
¡¡¡HOXE EMPEZA A FESTA!!!
TODO ESTÁ PREPARADO PARA A MELLOR FESTA DO MUNDO
A UNHA DA TARDE TODOS NA CALZADA.
Todo está preparada para a mellor festa do mundo, hoxe a partires das trece horas comeza a Festa do Albariño, ali estaremos para proceder a inuguración e dende aquí animamos a todo o mundo se sume o acto. O día comezará con Alborada a cargo de grupos de gaitas e as 13 horas no Paseo da Calzada inauguración da LVII Festa do Viño Albariño polo Conselleiro de Medio Rural, Presidente da Deputación de Pontevedra, Delegado Territorial e o Alcalde de Cambados. As 19 horas no Parque de Torrado, festa infantil con hinchables, taller de xoieria con sementes, animación e agasallos de Gas Natural. As 21.00 horas super-concerto na praza do Concello con “The Henry Warnimont”, “504” e “Maqueen”.
Decir doutra banda que foi espectacular a presentación do libro sobre a biografia de Ramón Cabanillas “Crónica de desterros e saudades” de Luis Rei, presentación de luxo con Francisco Fernández Rei, Victor Freixanes e Emilio Insua, rematando o acto Luis cun discurso emocionado e emocionante. Unha Grande Chea fixolle o seguinte agasallo debididamente montado por Eduardo Apariz: