Cambados 27 de xullo de 2009
BLOG SOBRE A PEONALIZACIÓN
DA PRAZA DE FEFIÑANS
http://peonalizacion.blogspot.com
ACTIVIDADES PARA HOXE
O mesmo que abreu a conta en facebook, Iago Pillado Losada, procedeu a apertura don blog a prol da peonalización da Praza de Fefiñans http://peonalizacion.blogspot.com . Iago fainos ver con todo luxo de detalles os pros e os contras do peche da Praza e seguinos a decir: “Ningúen se imaxina que a Praza do Obradoiro, a de María Pita na Coruña ou a da Ferrería en Pontevedra estivesen atravesadas por unha estrada, nin que servisen de aparcamento no canto de preservar os seus valores históricos, artísticos e turísticos. Pola contra, en Cambados levamos un forte retraso no proceso de recuperación dos cascos vellos para os peóns, que hai décadas que se ven producindo en vilas e cidades de toda Galicia, promovidas por gobernos municipais de todas as cores políticas.”
A partir dagora, na dirección http://peonalizacion.blogspot.com estará dispoñible o contido desta campaña para quenes non teñan conta de Facebook. Na mesma liña de facilitar a adhesión de quenes non teñen conta de Facebook, abreu unha recollida de sinaturas en liña. Quen queira asinar, pode facelo aquí: http://cort.as/0t4
ACTIVIDADES PARA HOXE:
Maribel Iglesias
Do 27 ó 30 no Centro Cultural a Merced e nas Casas de Cultura das Parroquias, actividades “Xogos Tradicionais”. No pazo de Torrado, as 21.30 horas, proxección de fotobiografia de Cabanillas realizada por Maribel Iglesias, acompañada de concerto para guitarra por Nestor Blanco e zanfoña por José Manuel Acha.