Cambados 28 de xullo de 2009
THE HENRY WARNIMONT ANTE A SÚA AFECCIÓN
O VINDEIRO MERCORES NA PRAZA DO CONCELLO
O REMATE HAI O CONCERTO SOLICITADO POR UNHA GRANDE CHEA E WWW.CAMBADOSWEB.NET
A ultima hora e fora de programa o Concello seguiu as indicacións de Unha Grande Chea e www.cambadosweb.net e o mércores 29 antes de concerto de Maqueen, haberá un concerto de grupos de Cambados , menos dos que esperabamos, ogallá que para o ano os avisen con máis antelación e se faga un gran concerto de grupos cambadeses e se convirta nun clásico. De todas formas grazas no nome dos rapaces, porque eles o necesitaban. Además de "504" estarán The Henry Warnimont que teñen a seguinte historia:
Nacen no ano 2005 na localidade pontevedresa de Cambados baixo ou nome de ‘Playback’, que logo dun par de anos cambia polo nome actual. A orixe do grupo ten lugar con Falcón, Buchán e Berto (dous guitarras e batera), uníndose pouco despois Ruvy co baixo, Domy na voz e Miguel non teclado. A incorporación de Yoli tivo lugar trala marcha do cantante orixinal e do teclista. Actualmente, ‘The Henry Warnimont’ esta a ultimar temas para a gravación dá súa primeira maqueta que se prevé para antes do verán de 2009.
INFLUENCIAS
Guns n’ roses, Led Zeppelin, Muse, Arctic Monkeys, Jimi
Hendrix , The Offspring, Green Day, Rede Hot Chili Peppers, Porcupine Tree…
MEMBROS
Yolanda Martinez (Voz), David Falcón (Guitarra solista,rítmica e coros), David Bouzada ‘Buchán’ (Guitarra rítmica,coros), Ruvy Igrexas (Baixo e coros) e Berto Chaves (Bateria)
XÉNERO/S
Rock / Alternativa
ACTIVIDADES PARA HOXE:
1.- Luis Rei.- 2.- Francisco Fernández Rei.- 3.- Emilio Insua.- 4.- Victor Freixanes.
As 10 no parque de Torrado, ximnasia para maiores ao aire libre, campaña Cambados Concello Saudable. As 20.00 horas na planta baixa de Pazo de Torrado, inauguración da Exposición “A Rasoeira dos Recordos” realizada pola Editorial Galaxia. No Xardín do Pazo de Torrado, presentación da biografia de Ramón Cabanillas “Crónicas de desterros e saudades”, de Luis Rei, coa participación do autor, ademáis de Francisco Fernández Rei, Emilio Xosé Insua López e Victor Freixanes. Apertura e peche músical da soprano Andres Bua Aguin.