Cambados 23 de Xullo de 2009
FARO DE VIGO FAISE ECO DE MATIAS
O XORNAL TOMOU BOA NOTA DO ACTOR CAMBADÉS
Na Faro de Vigo de onte, e na edicción de Arousa, fixose amplo eco da nova do actor cambadés que triunfa en Suecia. Matias Padin chamou a atención dos redactores arousáns de Faro de Vigo. A veces ún enteresase de cousas a través de charlas con amigos, nos que coñeciamos a este rapaz non sabiamos da súa condición de actor, ata que o outro día nunha comida con Rosalia e Eduardo comentaron o tema de xeito anecdótico. Nin que decir ten que é unha maravillosa nova para o noso pobo, e ainda que a veces insistimos no tema, se sabedes dalgún paisano que destaque por algo, por favor facernolo saber.
Actividades para hoxe en Cambados:
-10.00: No Parque de Torrado, ximnasia para maiores ao aire libre, campaña Concello Saudable.
-20.00: No Museo de Pazo de Torrado, inauguración da Exposición “Cabanillas e os artistas do seu tempo”. Mostra aberta ó público de 24 de xullo ó 20 de setembro.
21.00: No pazo de Torrado, defensa personal clase aberta para maiores de 12 anos.
22.30: Na Escalinata de Santo Tome, Rimas ao vento mareiro. Espectáculo con imaxes, música e poesias de Ramón Cabanillas a cargo da escola municipal de teatro e con participación de embarcacións tradicionais.