Cambados 21 de Xullo de 2009
UN CAMBADÉS QUE TRIUNFA EN SUECIA
MATIAS PADIN VARELA UN ACTOR FEITO REALIDADE
Aqui podemos ver a Matias en varios trailers primeiro da pelicula Storm, despois na serie "Nya tider" e na pelicula "Snabba Cash"
Na primeira foto podemos ver a Matias nunha obra de Teatro, na segunda rodando un escena de "Snabba Cash" , a terceria e o cartel desta última pelicula donde aparece Matias (é o primeiro pola esquerda), e a cuarta nunha escena tamén desta última pelicula.
Karl Louis Matias Padin Varela, ainda que nacido en Estocolmo o 23 de Xuño de 1980, e de pais cambadeses e él tamén se considera cambadés. Matias e fillo de Luis Padin Fandiño (irman de Fernando que ten a tenda de deportes Sportman en Triana) y Maria del Carmen Varela que foi veciña do Borrón (fronte a antiga escola de Viritas) , os cales emigraron a aquel pais en busca de mellor fortuna. Matias xa non é promesa senón toda unha realidade no cine sueco. Tras as súas costas ten films como Frokën Sverige (2004), Estocolmo Bogie (2005), Storm (2005 Premio do Público no Festival de Cine de Estocolmo 2005 e o Méliès de Plata no Festival de Cine de Amsterdam 2006. Preme AQUÍ para ver o trailer), e xa con un papel destacado en Snaba Cash (preme AQUI para ver un trailer desta derradeira pelicula) que foi rematada de rodar este ano. Tamén participa nunha seria moi famosa na televisión sueca ”Nya tider” facendo o papel de Mischa (podes ver a cabeceira da serie premendo AQUI) , e tamén fixo os seus ”pinitos” no teatro. Matias que a maioria do tempo que pasou en Cambados foi por motivos vacacionais, tamén ten os seus amigos cambadeses, un deles é Edu Chuchunero, que nos facilitou as fotos que vedes abaixo, do Albariño onde podemos ver , cando o traballo llo permite, a Matias na Festa gozando da mesma como bo cambadés que é.
Na primeira das fotos podemos ver a Matias no Pub a Leria, na segunda co seu amigo Edu e na terceira nunha festa feita no Pazo de Ulloa con varios dos seus amigos cambadeses.