Cambados 21 de xullo de 2009
"CABANILLAS E OS ARTISTAS DO SEU TEMPO"
INAUGURACIÓN DESTA EXPOSICIÓN
O DIA 23 DE XULLO ÁS 20.OO HORAS NO PAZO DE TORRADO
Nesta exposición podemos ver obras de Castelao, Lloréns, Asorey, Seoane, Narciso Pérez, Colmeiro, Isaac Díaz Pardo, Antonio Palacios, Uxio Souto entre outros (colocados na foto por este orde).
No Museo do Pazo de Torrado inauguración da Exposición “Cabanillas e os artistas do seu tempo”. Mostra aberta ó público do 24 de xullo ó 20 de Setembro. Mostra composta por obras orixinais de Castelao, Lloréns, Asorey, Seoane, Narciso Pérez, Colmeiro, Isaac Díaz Pardo, Antonio Palacios, Uxio Souto…. Unha mostra que fará de Cambados un referente cultural en Galicia. Organiza Concello de Cambados.
Ademáis temos hoxe as seguintes actividades: As 10 no parque de Torrado, ximnasia para maiores o aire libre dentro da Campaña “Cambados Concello Saudable”. As 12 no Pazo de Torrado, exhibición de Taekwondo e clase aberta para nenos de 5 a 14 anos, e ás 20.30 horas no xardín do Pazo de Torrado, recital dos Poemas de arte e artistas de Ramón Cabanillas, a cargo da Escola Municipal de Teatro con acompañamento músical dentro dos actos “2009 Ano Cabanillas”.