Cambados 1 de xullo de 2009
ISI VAAMONDE INTERPRETA: “CHRISTMAS SONG”
ACOMPAÑADO A GAITA POR ROBERTO GESTEIRA
DURANTE A NOITE DO LUME CELEBRADA NO PAZO TORRADO DE CAMBADOS.
Isi Vaamonde e Gesteira nun intre da canción (Foto Eduardo Apariz www.cambadosenfotos.net)
A verdade é que a “Noite do Lume” deu para moito, a actuación de Isi Vaamonde non deixou indiferente a ninguén e menos a nos, quen escoitamos emocionados o tema “Christmas Son” (Canción de Nadal), unha balada preciosa composta polo propio Isi Vaamonde que fusiona a música de Isi de inspiración atlantica co instrumento mais bonito do mundo, a gaita interpretada por Roberto Gesteira. Nesta concerto a banda estivo formada por: Isi Vaamonde – voz & guitarrasVolker Ledwig – batería, Edu Pulpillo – baixo Gonzalo Peñalosa – teclados. A canción ven a dicir que en realidade a primaveira florece na noite de nadal e rompe o formigón das almas. É unha maravilla escoitala. Si vas a sección "Os nosos videos…" ali podes vela.