Humor Grandecheo: ‘O SEGURO CÓBREO TODO. MENOS O QUE CHE SUCEDEU’ (Lei de Esoco Rede Sucuenta)

Cambados 25 de xuño de 2009

OS POETAS CANTAN A CABANILLAS

O VINDEIRO VENRES TRES DE XULLO

1.- Casa natal de Ramón Cabanillas en Fefiñans.- 2 Ramón Cabanillas.- 3.- Monumento a Ramón Cabanillas no paseo da Calzada de Cambados.

A asociación de intervención sociocultural REDES ESCARLATA (http://www.redesescarlata.org/ ), á que nada relativo á lingua e á cultura galegas lle é alleo, en abril do 2008 celebrou en Padrón o 50 aniversario da coroación poética de Ramón Cabanillas, xunto con poetas das terras de Iria e de Cambados.

Neste ano 2009 en que Cambados e a comarca do Salnés están a conmemorar o 50 aniversario do falecemento do poeta das Irmandades da Fala, as REDES ESCARLATA e os Poetas da Terra de Cambados queren cantar a Cabanillas na súa vila natal ovindeiro venres 3 de xullo. Este mesmo día do ano 1960 inaugurouse no popular paseo da Calzada o monumento que deseñara Francisco Asorey, formado por un cón do Monte da Pastora (coa dedicatoria de Vento mareiro a Cambados), sobre unha base de pedra do pinal de Tragove que cantara Cabanillas.

O programa dos actos é o seguinte:

1. Ás 20h concentración diante da casa natal do poeta (actual Casa-Museo Ramón Cabanillas, sita na rúa Novedades de Fefiñáns).

Despois da saudación a cargo de Francisco Fernández Rei e da interpretación do Himno do Antigo Reino de Galicia polo gaiteiro (e presidente das Redes Escarlata) Xosé Antón Laxe Martiñán, farase un cortexo cívico con este percorrido: praza de Fefiñáns (popularmente praza do Mercado), rúa Real (pasando por diante da casa familiar de Cabanillas), praza de Asorey (onde está o monumento ó escultor da Naiciña e a casa modernista onde viviu Valle-Inclán), rúa do Príncipe e paseo da Calzada. No monumento farase unha ofrenda floral, en nome das Redes Escarlata e do pobo de Cambados.

2. Ás 20,30h., no paseo da Calzada, haberá un recital poético e unha actuación musical, precedida da intervención de Luís Rei (cronista dos desterros e das saudades de Cabanillas ) e da intervención dun familiar do poeta.

A seguir o escritor (e membro das Redes Escarlata) Anxo Angueira irá presentando as persoas que van recitar textos propios ou de Cabanillas:

Polas Redes Escarlata recitarán Óscar Antón, Neves Soutelo, Xosé Luís Santos Cabana, Xaquín Silva, Xosé Antón Laxe Martiñán, Elvira Riveiro, Isaac Xubín, Xabi Xil Xardón, Iago Castro e Antón Dobao.

Pola Terra de Cambados recitarán Emilio Insua, María Xosé Cacabelos, Manuel Costa Trigo, Xosé Ramón Martínez Cacabelos, Domingo Tabuyo e Xosé María Vila Ribadomar.

Haberá tamén música (e poesía) a cargo de Leo de Matamá (membro das Redes); e finalmente o gaiteiro Laxe Martiñán interpretará o Himno Galego.

3. Se chove farase a concentración na casa natal de Cabanillas, o cortexo e a ofrenda; pero o acto poético-musical trasladaríase ó Auditorio da Xuventude, sito na rúa San Francisco, a uns pasos da actual igrexa parroquial (antigo convento franciscano sobre o que versou en 1923 o tema da sesión inaugural do Seminario de Estudos Galegos, a cargo do seu primeiro presidente, o arraiano Armando Cotarelo Valledor).

4. O Ilmo. Concello de Cambados colabora no acto poético do 3 de xullo en honra de Cabanillas coa achega de toda a infraestrutura necesaria.

Fefiñáns (Mar da Arousa), 25 de xuño do 2009

Francisco Fernández Rei

(en nome das Redes Escarlata)

About unhagrandechea1

Somos a Asociación Cultural e DeportivaUNHA GRANDE CHEA de Cambados, vivimos para o Antroido e o Albariño. Tamén organizamos outros actos na vila. Se nos queres ver o careto estamos aquí nesta ligazón: http://picasaweb.google.es/unhagrandechea/XUNTADIRECTIVA?feat=directlink E se nos queres coñecer máis a fondo visita a nosa páxina web : www.unhagrandechea.org.es O que che está escribir é Chon , o presidente de Unha Grande Chea.
Esta entrada foi publicada en CAMBADOS UNHA GRANDE CHEA. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s