Cambados 31 de maio de 2009
NATALICIO DE RAMÓN CABANILLAS
O VINDEIRO DÍA TRES DE XUÑO ÁS 20.30 HORAS
NO AUDITORIO MUNICIPAL DE CAMBADOS
1.- Cartel do aniversario. 2.- O Coro infantil e xuvenil de Cambados.
Organizado polo Concello de Cambados o vindeiro día tres de xuño ás 20.30 horas vai ter lugar no Auditorio da Xuventude os actos conmemorativos de natalicio de D. Ramón Cabanillas. Abrangue estes actos a lectura dramatizada dos poemas “A Rosa de cen follas” a cargo do Cadro de Declamación do IES Ramón Cabanillas, serán tamén homenaxeados ós editores da obra completa de Ramón Cabanillas, Francisco Fernández del Riego e Xesús Alonso Montero, verase un vídeo co saúdo do primeiro e intervención do segundo co titulo “O meu trato con Cabanillas”. Rematará o acto a Coral infantil-xuvenil municipal de Cambados con cancións de Ramón Cabanillas. O acto foi invitada expresamente UNHA GRANDE CHEA.