Cambados 28 de maio de 2009
A ACTUACIÓN DE ISI VAAMONDE TROCA DE ESCENARIO
VAI SER NO PAZO DE TORRADO
DENTRO DE "FESTIVAL DE SAN XOAN" ORGANIZADO POR NOVA PRODUCIÓNS
O Concerto de Isi Vaamonde que ata o de agora anunciabamos neste páxina como que ia ter lugar na Illa do Paseo Marítimo de Cambados, fixeronnos saber que vai ter lugar pero no Pazo de Torrado, un marco moito máis idoneo, acolledor e sobre todo abrigado. Vai estar enmarcado dentro do denominado "Festival de San Xoán" organizado por Nova Produccións, e o día será o mesmo martes 23 de Xuño e as 20, horas, e non estará só Isi Vaamonde tamén haberá outros grupos, que segundo a organización están pendentes de confirmar. Polo de agora xa está anunciado como concerto gratuíto en http://www.myspace.com/novaproducions . De todolos xeitos a organización dixo que nos facilitaria máis información unha vez se vaian coñecendo os grupos participantes.