Cambados 26 de maio de 2009
O VIDEO DO IES FRANCISCO ASOREY
PRESENTADO O CONCURSO “PRESUME DO SALNES”
OS PROTAGONISTAS SON OS PROPiOS ALUMNOS E O SALNÉS
Dúas imaxes do video.
“Salnes antergo e saudoso, terra sagra e petrucial, farta de seculos, chea de amor, e dolor de nai. Unha ermida cada castro, cada valgada un pinal, cada camiño un cruceiro, cada recunño un fogar” con este poema de Ramón Cabanillas comeza este precioso video presentado a concurso e realizado polo Grupo de Video I.E.S. Francisco Asorey de Cambados, e o único presentado ata o de agora no eido de Centros Educativos. A organización ampliou o prazo ata o 30 de maio, e en adultos presentaronse ata o de agora 17 vídeos entre eles o de Unha Grande Chea (que podedes ver en “Os nosos vídeos), e na categoría de mozos presentaronse 5 vídeos. Podes ver o video de Asorey en “Os nosos vídeos…” ou no seu defecto premendo AQUÍ.