Humor Grandecheo: “FAINO BEN E SEN MIRAR CON QUEN”

Cambados 26 de maio de 2009

CARREIRA “ANO CABANILLAS”

O 14 XUÑO ÁS 11.30 H.

CON SAÍDA DA PRAZA DE FEFIÑANS

Cartel feito por "Unha Grande Chea", sobre un cadro de Ramón Costa.

Organizada polo Concello de Cambados vaise celebrar este ano a “Carreira Ano Cabanillas”, o vindeiro catorce de xuño ás 11.30 horas con saída da Praza de Fefiñans e cun percorrido de 10.000 metros. A falta de confirmación oficial do percorrido este vai ser eminentemente urbano, como xa dixemos saída de Praza de Fefiñans,  seguindo a  Vilagarcía baixando pola Avda. da Coruña (antigo Campo da Merced), Paseo marítimo hasta Santo Tomé, baixada saíndo no cruce do Brexo, Ruínas de Santa Mariña,  Cruceiro de Vilariño, Avda. Rosalia de Castro e novamente na praza de Fefiñans, un circuíto o que haberá que dar tres voltas. Está carreira está incluída na LIGA NEW BALANCE CHAMPIONCHIP 2009 – GALICIA, e podes inscribirte xa na mesma premendo AQUÍ. A novidade vai ser que cada corredor levara na súa zapatilla un Chip que marcará a orde de entrada e o crono cando chegue a meta, tal e como podemos ver na seguinte imaxe:

About unhagrandechea1

Somos a Asociación Cultural e DeportivaUNHA GRANDE CHEA de Cambados, vivimos para o Antroido e o Albariño. Tamén organizamos outros actos na vila. Se nos queres ver o careto estamos aquí nesta ligazón: http://picasaweb.google.es/unhagrandechea/XUNTADIRECTIVA?feat=directlink E se nos queres coñecer máis a fondo visita a nosa páxina web : www.unhagrandechea.org.es O que che está escribir é Chon , o presidente de Unha Grande Chea.
Esta entrada foi publicada en CAMBADOS UNHA GRANDE CHEA. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s