Cambados 26 de abril de 2009
O ANO CABANILLAS CHEGA NUEVA YORKE
DA MAN DE ANABEL CARRO, TENENTE DE ALCALDE
O ALBARIÑO ANDIVO A CORSO
O acto cultural "Cambados e Cabanillas no Club España" deu comezo o venres, as 20.00 horas, na sede da asociación. Acudiron galegos, cambadeses e mesmo españois socios do club.
Antes e despois do acto a tenente alcalde, Anabel Carro, conversou e atendeu a varios cambadeses que se achegaron a saudar á delegacion cambadesa, agradecéndolles que o Concello se acordase deles e organizase a visita a Newark (Nova Jersey).
Comezouse coa actuacion do grupo de gaitas Anduriña, do centro español, que deu paso a recepcion das autoridades. Daniel Leiro, flamante presidente do club e cambadés de corazón, recibiu a Anabel Carro agradecéndolle o achegamento da figura de Ramon Cabanillas e a vila de Cambados aos emigrantes en Newark.
Anabel Carro agasallou ao centro galego cun prato co escudo de Cambados, de ceramica de Sargadelos, e unha escultura en bronce de Ramon Cabanillas, obra de Lucas Míguez. Acto seguido, continuouse cunha biografia do escritor cambadés acompañada de fotografias da sua vida e obra. Leuse como primicia, gracias a colaboracion do biografo de Cabanillas, Luis Rei, a necrolóxica do poeta escrita na revista de Casa Galicia de Manhattan por Ramon Piñeiro (proximo homenaxeado das Letras Galegas), nos dias seguintes a morte de Cabanillas.
Despois proxectouse a recente revisión da obra teatral A Man de Santiña, que só dous dias antes se presentara no auditorio da Xuventude tras cumplir 90 anos da sua estrea na Coruña. Tamén se deu lectura a unha breve carta que Cabanillas adicou aos emigrantes e o poema Bendición do Monte Carmelo do pobo de Cambados.
Como colofón actuaron de novo o grupo de gaitas Anduriña e o grupo de baile Alborada, rematando coa degustacion dos albariños das adegas colaboradoras: Martin Codax, Condes de Albarei, Zarate, Don Olegario e Rosalia de Castro, xunto coas viandas variadas de Conservas de Cambados e outros pratos típicos que a directiva do club preparou para os asistentes. Acudiron unhas 100 persoas o que en palabras de Daniel Leiro foi todo un éxito, tendo en conta que o club case desaparecera e agora comeza a camiñar cunha directiva nova.
A concelleira de Cultura cambadesa viaxou acompañada pola directora da escola de teatro, Noelia Toledano, e a técnico de cultura, Maria Vazquez, que oficia de traductora cando é preciso e redacta crónicas se fai falta.
Estou de acordo con você…jajajajajajaja!!