Cambados 19 de marzo de 2009
CURSO DE MANIPULADOR DE ALIMENTOS
O DÍA 3 DE ABRIL
DIRIXIDO A PERSOAL QUE TRABALLE NO SECTOR DA ALIMENTACIÓN, SERÁ IMPARTIDO POR ENTIDADE AUTORIZADO NO CENTRO COMARCAL DO SALNES
O Centro Comarcal de O Salnés, con sede no Paseo da Calzada, s/n, en Cambados, acollerá o próximo día 03 de abril, un curso orientado á obtención do carné ou certificado de manipulador de alimentos. Será impartido entre as 17:00 e as 20:00 horas do próximo venres. Organizado pola empresa Enatop, será impartido por entidade de formación autorizada pola Xunta de Galicia, con número de Rexistro 101/Ga. O seu prezo ascende a 35,00 euros, e vai dirixido a calquera persoa que traballe ou queira traballar no sector da alimentación: hostelería, panaderías, pastelerías, pescaderías, carnicerías, comercio minorista, supermercados, distribución, venta ambulante, pesca e marisqueo ou industrias agroalimentarias.
Os interesados en realizar este curso de manipulador de alimentos para obtelo correspondente certificado, poden inscribirse persoándose no Centro Comarcal do Salnés – Exposalnés, ou chamando ó número de teléfono 636 53 57 60.
Centro de Desenvolvemento Comarcal do Salnés
Paseo da Calzada s/n
36630 Cambados (Pontevedra)
Tl.: 986 52 60 13 – Fax: 986 52 40 12
Correo electrónico: ccsalnes@comarcasdegalicia.com