Humor Grandecheo: PASEI UNHA NOITE ESTUPENDA. PERO NON FOI ESTA.

Cambados 29 de marzo de 2009

A CRAZY CRAY BIG BAND ESTREASE O VINDEIRO XOVES

Músicos profesionais de bandas e orquestras e profesores de conservatorio integran a Crazy Cray Big Band, un grupo integrado por 21 persoas que debuta este xoves, 2 de abril, nun concerto que dan no auditorio da Xuventude de Cambados ás 21.30 horas.
Esta “big band” homenaxea co seu nome á Crazy Cray, unha orquestra do Salnés que alcanzou certo renome nas décadas dos anos cincuenta e sesenta do século pasado. No entanto, a música da nova formación pouco ten que ver coa que facía esta orquestra, pois fundamentalmente tocan pezas norteamericanas dos anos sesenta. A maioría das cancións son instrumentais, pero tamén teñen algunhas con letras, como a xa clásica “New York, New York” de Frank Sinatra.
Este proxecto empezou a fraguarse fai xa ano e medio. O seu fundador é José María Pazos, que é membro da banda de Castrelo. Quizais por iso, o novo grupo está moi ligado a Castrelo, ata o extremo de que ensaian o mesmo local que a banda da parroquia. Entre os seus integrantes hai veciños de Cambados, O Grove, Caldas de Reis ou Vigo, e tamén hai músicos procedentes de Cuba e Venezuela, como é o caso do director da banda, coñecido polo seu nome artístico de Chacón. A maioría tocan en bandas ou en orquestras do renome de América, Costa Oeste, Sintonía de Vigo, Suavecito ou Costa Oeste. O público que asista o xoves ?a entrada é libre? escoitará unha actuación con protagonismo dos instrumentos de vento. Nova e fotos: Faro de Vigo.

About unhagrandechea1

Somos a Asociación Cultural e DeportivaUNHA GRANDE CHEA de Cambados, vivimos para o Antroido e o Albariño. Tamén organizamos outros actos na vila. Se nos queres ver o careto estamos aquí nesta ligazón: http://picasaweb.google.es/unhagrandechea/XUNTADIRECTIVA?feat=directlink E se nos queres coñecer máis a fondo visita a nosa páxina web : www.unhagrandechea.org.es O que che está escribir é Chon , o presidente de Unha Grande Chea.
Esta entrada foi publicada en CAMBADOS UNHA GRANDE CHEA. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s