Humor Grandecheo: POR QUE DEBERÍA PREOCUPARME POLA POSTERIDADE? QUE FIXO A POSTERIDADE POR MIN?

Cambados 22 de marzo de 2009

DENTRO DA PROGRAMACIÓN DE CINEMAS DIXITAIS O CENTRO COMARCAL DO SALNÉS PARTICIPA NA SEMANA DO AUDIOVISUAL GALEGO

 

A Semana do Audiovisual Galego naceu co obxectivo de complementar e consolidar os galardóns  Mestre Mateo, os máis importantes do sector audiovisual e que concede a Academia Galega do Audiovisual, coa súa divulgación na sociedade galega a través do circuito de Cinemas Dixitais e e coa organización da propia Academia.

Coa axuda dos patrocinadores e colaboradores na iniciativa, prepárase un programa extenso de proxeccións dos traballos finalistas nun amplo número de  localidades galegas. Esta Semana do Audiovisual Galego celébrase ao longo de toda a semana, do 20 ao 25 de abril, previa á gala da entrega de premios que terá lugar na cidade de Pontevedra, formando parte do 6º ciclo do programa de Cinemas Dixitais.

O Centro Comarcal do Salnés, co motivo da entrega dos premios Mestre Mateo 08 o vindeiro 24 de abril colabora na Semana do Audiovisual Galego na que se exhibirán ao longo da xeografía de Galiza os traballos finalistas aspirantes a estes premios do audiovisual galego.

Con esta iniciativa, o Centro Comarcal do Salnés en colaboración con CINEMAS DIXITAIS pretende achegar ao público as producións audiovisuais producidas en Galiza no ano 2008 e darlle a maior difusión posible a estas obras e aos galardóns que desde 2003 veñen premiando ao cinema e aos profesionais galegos.

Os lugares participantes no circuíto pódense consultar premendo AQUI.

Listado de finalistas premendo AQUI.

Centro de Desenvolvemento Comarcal do Salnés

Paseo da Calzada s/n

36630 Cambados (Pontevedra)

Tl.: 986 52 60 13 – Fax: 986 52 40 12

Correo electrónico: ccsalnes@comarcasdegalicia.com

About unhagrandechea1

Somos a Asociación Cultural e DeportivaUNHA GRANDE CHEA de Cambados, vivimos para o Antroido e o Albariño. Tamén organizamos outros actos na vila. Se nos queres ver o careto estamos aquí nesta ligazón: http://picasaweb.google.es/unhagrandechea/XUNTADIRECTIVA?feat=directlink E se nos queres coñecer máis a fondo visita a nosa páxina web : www.unhagrandechea.org.es O que che está escribir é Chon , o presidente de Unha Grande Chea.
Esta entrada foi publicada en CAMBADOS UNHA GRANDE CHEA. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s