Humor Grandecheo: NUNCA ESQUEZO UNHA CARA. PERO NO SEU CASO, ESTAREI ENCANTADO DE FACER UNHA EXCEPCIÓN.

Cambados 20 de marzo de 2009

SAN BIEITO  DE PRIMAVERA SAE DE NOVO

A ANO PASADO NON POIDO FACELO O COINCIDIR EN VENRES SANTO

OS PAPAMOSCAS DE VOLANDEIRAS TAMÉN SE ESTREAN NO SAN BIEITO DE PRIMERA

  

1.- Chon posando cos papamoscas da Asociación Cultural Volandeira.- 2.- San Bieito en plena procesión.- Manuel Rial.

A imaxe de San Bieito volverá saír este ano en procesión despois de que o pasado ano non puidese facelo por coincidir en Venres Santo, unha casualidade que só ocorre cada 95 anos, segundo un cálculo realizado polo responsables de estatística do Concello, Manuel Rial.

O programa de actividades da festividade de San Bieito de inverno continuará o ritmo normal doutros anos, polo que as misas comezarán ás sete da mañá e sucederanse cada hora ata que ás doce e media do mediodía celébrese a solemne, tras a cal sairá a procesión, que efectuará o seu percorrido de costume. Ao seu termo terán lugar as tradicionais “poxas”. Tamén será novidade neste San Bieito de Primavera os Papamoscas da Asociación Cultural Volandeira.

A festividade relixiosa continuará pola tarde con misas ás seis, ás sete e ás oito.

O pasado ano non se puido celebrar a procesión porque a festividade de San Bieito coincidiu con Venres Santo, o que motivou que o responsable de estatística do Concello, Manuel Rial, a través da aplicación dunha das fórmulas do matemático Karl Friederich Gauss realizase un cálculo mediante o cal conclúe que esta coincidencia ocorre cada 95 anos. Deste xeito, xa manifestou o pasado ano que sucedeu o mesmo en 1913 e en 1818, polo que vaticina que volverá pasar no ano 2103.

Manuel Rial di que realizou o cálculo logo dunha conversación na que lle dixeron que en 2008 non se ía a celebrar a festividade de San Bieito por coincidir con Venres Santo. A partir de entón ?apliquei a fórmula de Gauss ao cálculo da data da Pascua de Resurrección, que sempre se celebra en domingo, e resteille dous días?.

Explicou que a partir de aí dividiu a data por 19, refugou os decimaís e volveu dividir por catro e outra vez por sete. Chamoulle A, B e C aos resultados e aplicou outra fórmula para achar D e outra máis para saber o valor de E, que conseguiu logo de multiplicar B por dous, sumarlle catro veces C, engadir seis veces D e sumar o valor N.

Todas estas operacións, que se aproximaron a través doutros cálculos, permitíronlle descubrir que no século XX, San Bieito de Inverno e Venres Santo coincidiron en 1913. Pero a súa curiosidade levoulle a realizar a mesma operación para o século XVIII e deulle a data de 2018, polo que aplicando as mesmas contas está en disposición de asegurar que volverá ocorrer en 2103, en pleno século XXII.

Todos estes cálculos foron posibles grazas a que a Igrexa cristiá atopou unha solución para decidir a data de celebración da Pascua no concilio de Nicea (no ano 325) onde se estableceu a data de Resurrección de Xesucristo celebrásese sempre un domingo e que non coincidise nunca coa Pascua xudía, que se celebraba en calquera día da mesma semana.

Advertisements

About unhagrandechea1

Somos a Asociación Cultural e DeportivaUNHA GRANDE CHEA de Cambados, vivimos para o Antroido e o Albariño. Tamén organizamos outros actos na vila. Se nos queres ver o careto estamos aquí nesta ligazón: http://picasaweb.google.es/unhagrandechea/XUNTADIRECTIVA?feat=directlink E se nos queres coñecer máis a fondo visita a nosa páxina web : www.unhagrandechea.org.es O que che está escribir é Chon , o presidente de Unha Grande Chea.
Esta entrada foi publicada en CAMBADOS UNHA GRANDE CHEA. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s