Humor Grandecheo: A QUEN VAI VOSTEDE A CRER?, AO MIN, OU AOS SEUS PROPIOS OLLOS?

Cambados 18 de marzo de 2009

CHARLAS ORGANIZADAS POLA PARROQUIA

O cura párroco en compaña dos seus axudantes para organizar as charlas.

A parroquia de Cambados celebra entre o 23 e o 25 de maio a Semana da Familia.

A parroquia de Cambados ten xa listo o cartel de charlas que se organizarán, como xa vén sendo habitual, con motivo da Semana da Familia. Todas as conferencias terán lugar no auditorio da Xuventude e comezarán ás oito e media da tarde. Celebraranse entre o 23 e o 25 de maio.

Fai xa varios anos que a parroquia cambadesa dedica unha semana á familia. O obxectivo é o de pór sobre a mesa temas de actualidade e axudar aos pais a mostrar determinadas cuestións aos seus fillos. Buscando este mesmo fin, a entidade fixo onte público o programa de charlas que se impartirán durante o próximo mes de maio.

As conferencias comezarán o luns, 23 de maio. Entón o matrimonio formado por Montse González e Javier Rodríguez subirase ao escenario da Xuventude para contar por que consideran que a familia é o berce da igrexa. Será a partir das 20.30 horas. Ao día seguinte será o franciscano e pedagogo, Miguel de Mátaa, o que ofreza a súa axuda aos pais para tratar cos mozos da casa. «Xóvenes, realidade e desafío», é o título dunha conferencia que busca mostrar aos proxenitores a mellor forma de lidar cos adolescentes. Para terminar coas charlas, a parroquia elixiu ao profesores do Instituto Tecnolóxico Compostelán, Leonardo Lemos Montanet, que impartirá unha conferencia sobre o feito relixioso onte, hoxe e sempre.

Advertisements

About unhagrandechea1

Somos a Asociación Cultural e DeportivaUNHA GRANDE CHEA de Cambados, vivimos para o Antroido e o Albariño. Tamén organizamos outros actos na vila. Se nos queres ver o careto estamos aquí nesta ligazón: http://picasaweb.google.es/unhagrandechea/XUNTADIRECTIVA?feat=directlink E se nos queres coñecer máis a fondo visita a nosa páxina web : www.unhagrandechea.org.es O que che está escribir é Chon , o presidente de Unha Grande Chea.
Esta entrada foi publicada en CAMBADOS UNHA GRANDE CHEA. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s