Humor Grandecheo: XAMAIS ACEPTARÍA PERTENCER A UNHA ASOCIACIÓN QUE ME ADMITISE COMO SOCIO.

Cambados 17 de marzo de 2009

UN CAMBADÉS GAÑA O MARATÓN FOTOGRÁFICO DO DIA DA MULLER

MARCOS ESCUDEIRO QUEDOU PRIMEIRO NA CATEGORIA INDIVIDUAL EN VILAGARCIA

COA FOTOGRAFIA QUE LEVA POR TITULO “MESMO NIVEL”

Marcos Escudeiro coa outra premiada Enma Castiñeiras. 

Vilagarcía acolleu o pasado 7 de marzo a primeira edición do seu maratón fotográfico para conmemorar a celebración do Día internacional da muller traballadora. Na tarde de onte entregáronse os premios aos vencedores. O primeiro recoñecemento é a exposición das instantáneas na sala Antón Rivas Briones. Na terceira planta pódense atopar todos os traballos, os vencedores e os do resto de competidores, que tamén recibiron os seus respectivos diplomas. Premiábase á mellor foto e tamén á mellor serie fotográfica de catro imaxes. Con esas regras entregáronse os traballos e un comité de sabios decidiu. Xunto á concelleira de Muller, Victoria Hierro , estiveron os fotógrafos dos diferentes medios escritos da cidade: a nosa compañeira Martina Miser, xunto a José Luiz Oubiña e Yael Domínguez, completando o quinteto responsable dos premios, Dolores Carballo como representante do Consello local dá Muller. Os traballos de consenso decidiron que Marcos Escudeiro era o responsable da mellor foto e a moza Emma Castiñeiras a que mellor retratara os catro temas do concurso. A instantánea escollida na categoría individual leva por título Mesmo nivel, distintas alturas na que se poden apreciar dúas placas de avogados, unha de home -arriba- e outra de muller -debaixo-. Na serie de Emma, os títulos foron De novo ao traballo, Gústame o meu traballo, O meu papá tamén me consente e O maniquí.

Advertisements

About unhagrandechea1

Somos a Asociación Cultural e DeportivaUNHA GRANDE CHEA de Cambados, vivimos para o Antroido e o Albariño. Tamén organizamos outros actos na vila. Se nos queres ver o careto estamos aquí nesta ligazón: http://picasaweb.google.es/unhagrandechea/XUNTADIRECTIVA?feat=directlink E se nos queres coñecer máis a fondo visita a nosa páxina web : www.unhagrandechea.org.es O que che está escribir é Chon , o presidente de Unha Grande Chea.
Esta entrada foi publicada en CAMBADOS UNHA GRANDE CHEA. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s