Humor Grandecheo: EU NON SUFRO DE TOLEMIA, GÓZOA A CADA MINUTO

Cambados 16 de marzo de 2009

HOMENAXE A CABANILLAS

O 1 DE ABRIL INAUGÚRASE A EXPOSICIÓN DE 27 ARTISTAS DO SALNÉS

Entre as numerosas actividades que se realizarán con motivo do Ano Cabanillas 09, o vindeiro 1 de abril vaise inagurar a gran exposición de artistas do Salnés en homenaxe ó bardo de Fefiñáns. Ese día o alcalde, José M. Cores Tourís, xunto coa concelleira delegada de Cultura, Anabel Carro, a directora da Rede Museística, Rocío Acha, e os 27 artistas presentes nesta homenaxe, presentarán no Museo do Viño a mostra e mailo libro-catálogo da mesma.
Baixo o título Entre Miradas, a mostra pretende aportar unha visión persoal dos artistas contemporáneos da nosa comarca sobre este gran poeta do cal cúmprense 50 anos do seu pasamento. Non é a única exposición destes 12 meses de homenaxe, pero sí tal vez a máis entrañable dada a proximidade sentimental entre os artistas e o seu admirado escritor. Esta mostra homenaxe permanecerá aberta no museo do Viño, dende o 1 de abril ata o 1 de xuño, e a entrada será de balde para todos os públicos.
Don Ramón foi un dos cambadeses máis ilustres, que se inspirou nas paisaxes cotiás e inmemoriais da comarca, no duro traballo dos mariñeiros e dos labregos, a xente do mar e a do agro tan presente nos seus poemas.
Pintores, escultores e fotógrafos salinenses, artistas de distintas disciplinas pero cunha vinculación moi especial ó bardo de Fefiñáns, únense para expresar dende as artes plásticas a súa peculiar interpretación da vida e da obra doutro artista, neste caso das letras. O resultado reflíctese en 27 traballos de diversas feituras e sensibilidades pero dunha mesma devoción: Cabanillas.
Todos os eventos que este ano procuran honrar ó poeta nacen en Cambados pero cunha clara vocación de extenderse a Galicia enteira, porque a súa dimensión humana e literaria trascende as lindes comarcais. Así como don Ramón dou a coñecer Cambados por todos os lugares de Galicia, de España ou de América que percorreu, dende o Concello debemos procurar que esta homenaxe trascenda do ámbito local ao universo da galeguidade.

Advertisements

About unhagrandechea1

Somos a Asociación Cultural e DeportivaUNHA GRANDE CHEA de Cambados, vivimos para o Antroido e o Albariño. Tamén organizamos outros actos na vila. Se nos queres ver o careto estamos aquí nesta ligazón: http://picasaweb.google.es/unhagrandechea/XUNTADIRECTIVA?feat=directlink E se nos queres coñecer máis a fondo visita a nosa páxina web : www.unhagrandechea.org.es O que che está escribir é Chon , o presidente de Unha Grande Chea.
Esta entrada foi publicada en CAMBADOS UNHA GRANDE CHEA. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s