Humor Grandecheo: TER A CONCIENCIA LIMPA É SÍNTOMA DE MALA MEMORIA

Cambados 12 de marzo de 2009
OLLADAS DO SALNÉS
OBRADOIRO DE INICIACIÓN A FOTOGRAFIA DIXITAL
´"EXPOSICIÓN DOS TRABALLO"
Como organizadores da Exposición do Obradoiro de Fotografía Dixital "OLLADAS DO SALNÉS", temos o pracer de convidarte a inaguración que terá lugar mañan venres día trece de marzo ás 20 horas no Centro Comarcal do Salnés. Ofrecerase aos asistentes un convite.

A exposición de fotografías “Olladas do Salnés” é o resultado do Obradoiro de Iniciación á Fotografía Dixital “Olladas do Salnés”. Un total de vintedúas fotografías que recollen as visións persoais dos alumnos de diferente sexo, idade e profesión sobre a comarca do Salnés, as súas xentes, traballos e lugares. Para elo realizáronse visitas a centros de interese da comarca como a Bodega Martín Kodax, a nave de Conservas de Cambados, o mercado de Cambados e o seu paseo marítimo e o faro da Illa de Arousa. As clases teóricas leváronse a cabo durante os martes e xoves dos meses de decembro e xaneiro. Xunto coas saídas prácticas para realizar fotografías dos sábados completáronse 40 horas de curso.

 

Este obradoiro foi organizado por Candea (Asociación de Ensinantes do Salnés), a Asociación Cultural Unha, Grande, Chea , contou co patrocinio da Consellería de Innovación e Industria e a colaboración do Centro Comarcal do Salnés, dependente da Consellaría do Medio Rural e Mr. Misto Films.

A exposición estará instalada durante un mes, até o remate da Semana Santa e poderá ser visitada no horario de apertura do Centro Comarcal.

Advertisements

About unhagrandechea1

Somos a Asociación Cultural e DeportivaUNHA GRANDE CHEA de Cambados, vivimos para o Antroido e o Albariño. Tamén organizamos outros actos na vila. Se nos queres ver o careto estamos aquí nesta ligazón: http://picasaweb.google.es/unhagrandechea/XUNTADIRECTIVA?feat=directlink E se nos queres coñecer máis a fondo visita a nosa páxina web : www.unhagrandechea.org.es O que che está escribir é Chon , o presidente de Unha Grande Chea.
Esta entrada foi publicada en CAMBADOS UNHA GRANDE CHEA. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s