Humor Grandecheo: SE QUERES QUE CHE SIGAN AS MULLERES, PONTE DIANTE

 Cambados 5 de marzo de 2009

É NECESARIO OUTRO INSTITUTO CABANILLAS

O CENTRO ACTUAL TEN PRETO DE 40 ANOS

  

José Manuel Barreiro, actual director do I.E.S. Ramón Cabanillas.

O  director do instituto Ramón Cabanillas, José Manuel Barreiro, reclama a construción dun novo centro no municipio cambadés ou, na súa falta, a total remodelación do actual, xa que o seu estado é “deplorable” e dificulta o normal desenvolvemento das clases.

Un mes despois de que os sucesivos temporais que azoutaron a comarca de Arousa causasen danos de consideración no instituto Ramon Cabanillas de Cambados, a dirección do centro continúa á espera de que se realicen as reparacións que e achegaron á Consellería de Educación nun parte de incidencias.

José Manuel Barreiro, director do centro educativo, manifestou onte que o instituto necesita “unha reparación en profundidade para adaptalo aos novos tempos”, xa que na situación na que se atopa nestes momentos “estamos obrigados a investir máis do que se debe en mantemento”.

Indicou que se alcanzou un compromiso coa Administración actual de remodelar en profundidade o instituto e de, ata, estudar a posibilidade de construír un novo, polo que espera que co cambio de goberno na Xunta non se modifiquen as previsións porque “a unidade técnica xa está rexistrada”.

O director do instituto cambadés insiste en que “só ou voluntarismo” do profesorado é capaz de suplir todas as carencias estruturais que ten o instituto para ofrecer un ensino de calidade.

Apunta que as aulas “xa non son operativas” para o tipo de materias que se imparten na actualidade, porque “quedan curtas e apenas deixan espazo para traballar con equipos informáticos ou para utilizar outros medios audiovisuais”.

Este problema alcanzou tal dimensión que o profesorado viuse obrigado a habilitar aulas improvisadas, ata utilizando unha das vivendas adxuntas, xa que pola contra “habería algunhas materias que non se poderían impartir cun mínimo de calidade”, sinala do director do instituto Ramón Cabanillas.

Neste sentido, tamén fai fincapé na necesidade de modernizar o laboratorio, porque os instrumentos que se utilizan hoxe en día apenas caben nas instalacións reservadas a este fin.

Ademais, entende que na situación actual, o centro “non cumpre coas medidas mínimas de seguridade” e sinalou directamente ás escaleiras, aos sistemas de prevención de incendios, saídas e portas. Coincide co resto do profesorado en que tal e como se atopa “non cumpre coas necesidades que require un centro de ensino secundario para ofrecer unha formación digna e de calidade ao alumnado e só conséguese grazas á profesionalidade de todos”..                   

 

Advertisements

About unhagrandechea1

Somos a Asociación Cultural e DeportivaUNHA GRANDE CHEA de Cambados, vivimos para o Antroido e o Albariño. Tamén organizamos outros actos na vila. Se nos queres ver o careto estamos aquí nesta ligazón: http://picasaweb.google.es/unhagrandechea/XUNTADIRECTIVA?feat=directlink E se nos queres coñecer máis a fondo visita a nosa páxina web : www.unhagrandechea.org.es O que che está escribir é Chon , o presidente de Unha Grande Chea.
Esta entrada foi publicada en CAMBADOS UNHA GRANDE CHEA. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s