Humor Grandecheo: SE ES UN MOZO ENTRE 16 E 18 ANOS… ENTÓN TES 17

Cambados 2 de marzo de 2009

O CENTRO COMARCAL DO SALNÉS E O CENTRO DA REDE DE DINAMIZACIÓN DA SOCIEDADE DA INFORMACIÓN PRESENTA A SÚA PROGRAMACIÓN PARA O MES DE MARZO.

A iniciativa da  Rede de Dinamización da Sociedade da Información do PEGSI (Plano Estratéxico Galego da Sociedade da Información da Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información) é unha das estratexias fundamentais para o desenvolvemento das políticas de inclusión na S.I. e o desenvolvemento rural. A Rede de Dinamización da Sociedade da Información axudará a levar a cabo actuacións relacionadas co desenvolvemento da actividade económica, empresarial e da implantación dos servizos electrónicos, titorizando a cidadanía con maiores dificultades e proporcionándolles os medios e ferramentas necesarios para poder formar parte activa da Sociedade da Información. A Rede conta con 100 dinamizadores e dinamizadoras, espallados pola xeografía galega en diferentes entidades, que desenvolven charlas, obradoiros e cursos de alfabetización dixital e outros de moi variada temática, adaptándose ás diferentes necesidades dos colectivos sociais tales como mulleres, persoas maiores, persoas con discapacidade, xuventude, asociacións e empresas.

O Centro Comarcal do Salnés e a Rede de Dinamización da Sociedade da Información ten programados, para o mes de marzo, os seguintes obradoiros:

O Obradoiro “Blog, participa en internet”, do 2 ao 5 de marzo en horario de 18:30 a 20:30 na Aula de Informática do CEIP A Torre (Illa de Arousa).

En colaboración coa Asociación de Nais e Pais dos Xogadores do Club Juventud Cambados; “Creación dunha conta de correo electrónico” os días 9, 10, 12 e 13 de marzo, “Teléfono Móbil: conectividade”, os días 16 e 17 de marzo e “Manexo da cámara dixital”, os días 23, 24, 26 e 27 de marzo. O seu horario será de 10:30 a 12:00 horas.

Así mesmo, vanse a realizar dous obradoiros dirixidos a poboación en xeral, sen coñecementos ou con poucos coñecementos na materia; o primeiro, “Alfabetización Dixital: informática e internet”, os días 9, 10, 11, 16, 17 e 18 de marzo e o segundo, “Como crear unha conta de correo electrónico”, os días 23 e 24 de marzo. O seu horario será de 18:30 a 20:30 horas.

Todos os obradoiros, agás o de “Blog, participa en internet” levaranse a cabo no Centro da Rede de Dinamización situado no Centro Comarcal do Salnés.

Tamén, recordar que o Centro da Rede está aberto ao público (excepto cando hai obradoiros) para que calquera persoa poida facer uso do seu equipamento e/ou conectarse a internet.  O horario do Centro de Dinamización e de luns a xoves de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30 horas e os venres de 09:30 a 15:00.

Todos estes servizos son de balde.

Para máis información:

Eliana Bouzas Collazo

Centro da Rede de Dinamización da Sociedade da Información.

Centro Comarcal do Salnés.

Paseo da Calzada s/n 36630 Cambados.

E-mail: eliana.cambados@dinamiza.sociedadedainformacion.eu

Tfno: 986 52 60 13.

 

Advertisements

About unhagrandechea1

Somos a Asociación Cultural e DeportivaUNHA GRANDE CHEA de Cambados, vivimos para o Antroido e o Albariño. Tamén organizamos outros actos na vila. Se nos queres ver o careto estamos aquí nesta ligazón: http://picasaweb.google.es/unhagrandechea/XUNTADIRECTIVA?feat=directlink E se nos queres coñecer máis a fondo visita a nosa páxina web : www.unhagrandechea.org.es O que che está escribir é Chon , o presidente de Unha Grande Chea.
Esta entrada foi publicada en CAMBADOS UNHA GRANDE CHEA. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s