Cambados 25 de febreiro de 2009
DESASTROSO MARTES DE ANTROIDO EN CAMBADOS
DESORGANIZACIÓN TOTAL POR PARTE DO CONCELLO
O ESPECTÁCULO DA PRAZA DE ALFREDO BRAÑAS UN FRACASO TOTAL
NOTOUSE EN DEMASIA A AUSENCIA DE UNHA GRANDE CHEA
Desencanto, desmoralizaciòn, desorganización, desidia, todo esto pode resumir o acontecido na martes de antroido cambadés, que está a anos luz do antroido das vilas que nos rodean, Vilagarcia, O Grove, A Illa. Os nosos gobernantes fixeron patente a súa incompetencia total para organizar o antroido , Touris e Anabel Carro cubrironse de gloria (lease totalmente o contrario) organizando o Antroido en Cambados, Unha Grande Chea ofreceuse para axudar e organizar e recibimos como resposta o máis absoluto do desprezos, asi lles vai no Antroido e no Ano Cabanillas. Non é tan dificil organizar o antroido en Cambados, e máis, é doado si se deixa en mans de xente que sabe e que ten ganas. Nos de todas as maneiras animamos o que poidemos, fumos disfrazados de xente de taerceira idade que vai “A Luna” e fixemos o que poidemos, está claro que sen, A Leria, Discoteca Zao e a Cea do Xuven no sábado de piñata e Unha Grande Chea o Entroido en Cambados non existiria. Podes ver unha reportaxe fotográfica de martes de antroido en “As nosas fotos…”. Lembramos a todos que se queredes publicar as vosas fotos na nosa páxina , enviarnolas o noso correo.