Humor Grandecheo: GÚSTANME OS REINCIDENTES PORQUE NON CAMBIAN DE IDEA

Cambados 8 de Febreiro do 2009

A ADEGA CAMBADESA MARTIN CODAX A MÁIS PREMIADA DE GALICIA

A GUIA CAMPSA TENA ENTRE OS VIÑOS MÁIS VALORADOS

EMIRATOS AIRLINES OFRECEO NOS SEU VÓS.

Juan Gancedo, Director Xerente

Martín Códax pechou o 2008 conseguindo o título da empresa vitícola máis premiada de Galicia. Durante o pasado exercicio, os caldos que se elaboran nesta cooperativa lograron 60 medallas nos distintos certames internacionais e outras 19 mencións. Seis das condecoracións son de ouro, 36 de prata e outras nove de bronce. Con este palmarés non é de estrañar que a firma se situou entre as principais empresas vitícolas do mundo. A nosa máis sincero parabén.

Pero non só nos certames internacionais triunfou a firma cambadesa. As guías máis prestixiosas do sector reservaron un espazo importante para os Martín Códax. Destacan especialmente os 90 puntos que o famosos gurú Robert Parker outorgou aos viños desta firma ou os 94 puntos concedidos pola guía Campsa. Non é de estrañar que o director xerente da firma, Juan Vázquez Gancedo , estea máis que orgulloso.

Ademais de encherse de galardóns, Martín Códax aproveitou o 2008 para seguir afianzando o seu liderado nos distintos mercados internacionais. Actualmente, a adega destina o 45% da súa produción á exportación e é posible atopar as súas albariños no sueste asiático, en Estados Unidos e ata en Latinoamérica. A partir de agora, ademais, calquera poderá degustar un dos seus caldos mentres volva coa aerolínea Emiratos Airlines, principal compañía aérea dos Emiratos Árabes. O albariño forma parte da carta de viños que se serve aos clientes de primeira clase.

Maruxa Alfonso.

Advertisements

About unhagrandechea1

Somos a Asociación Cultural e DeportivaUNHA GRANDE CHEA de Cambados, vivimos para o Antroido e o Albariño. Tamén organizamos outros actos na vila. Se nos queres ver o careto estamos aquí nesta ligazón: http://picasaweb.google.es/unhagrandechea/XUNTADIRECTIVA?feat=directlink E se nos queres coñecer máis a fondo visita a nosa páxina web : www.unhagrandechea.org.es O que che está escribir é Chon , o presidente de Unha Grande Chea.
Esta entrada foi publicada en CAMBADOS UNHA GRANDE CHEA. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s