Cambados 30 de xaneiro de 2009
SUSPENDIDO CASE TODO O DEPORTE GALEGO POLO MAL TEMPO
NOTA DA FEDERACIÒN GALEGA DE FUTBOL: SUSPENDIDAS AS COMPETICIONS POLO MAL TEMPO http://www.futgal.es
Á vista das recomendacións recibidas por parte da Dirección Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e tras realizar as correspondentes consultas coas distintas Direccións Xerais de Protección Civil e o servizo 112, así como as diversas informacións publicadas a través dos distintos medios de comunicación, esta Federación Galega de Fútbol tomou a decisión de suspender todas as competicións previstas para os próximos días 31 de Xaneiro e 1 de Febreiro de ámbito territorial e nacional controladas por esta Federación Territorial, a excepción de a Regional Preferente nos seus dous grupos e a Terceira División Nacional, deixando a criterio dos colexiados designados e dos clubs contendentes a súa disputa, conforme ás condicións climatolóxicas existentes, recomendando por parte desta Federación que se adopten as medidas oportunas para garantir o normal desenvolvemento destas competicións.
Así mesmo comunicamos que a competición oficial de Primeira Nacional "B" de Fútbol Sala queda suspendida.
Oportunamente será comunicado por parte desta Federación Galega de Fútbol, as novas datas para a disputa das xornadas suspendidas.
NOTA DA FEDERACIÓN GALEGA DE BALONCESTO (http://www.fegaba.com)
Suspendidas TODAS as LIGAS FGB e ZONAIS por mor da Situación Meteorolóxica
Seguindo instrucións da Consellería de CULTURA E DEPORTE da Xunta de Galicia e en vista da situación meteorolóxica da nosa Comunidade, a Federación Galega de Baloncesto toma a decisión de SUSPENDER A XORNADA correspondente ao fin de semana do 31 de Xaneiro e 1 de Febreiro.
Polo tanto suspéndense TODOS os encontros de carácter autonómico e zonal a disputar na nosa Comunidade Autónoma.
Así mesmo, habilítase como data de xogo desta Xornada o día 19 de Marzo do 2009.
As categorías nas que non se xogará ningunha competición son as relacionadas a continuación:
– 1ª DIVISIÓN MASCULINA.
– LIGA FGB SÉNIOR MASCULINA.
– LIGA FGB SÉNIOR FEMININA.
– LIGAS SÉNIOR ZONAIS E INTERZONAIS.
– LIGAS JÚNIOR ZONAIS, INTERZONAIS E AUTONÓMICAS.
– LIGAS CADETES ZONAIS E AUTONÓMICAS.
– LIGAS INFANTÍS ZONAIS E AUTONÓMICAS.
– LIGAS MINIBASKET.
– LIGAS PREMINIBASKET.
IGNORAMOS SE NOS DEMAIS DEPORTES ESTÁN SUSPENDIDAS AS COMPETICIONS PERO É CUESTIÓN DE PREGUNTALO NAS RESPECTIVAS FEDERACIÓNS.