Humor Grandecheo: GRAZAS A DEUS QUE SON ATEO

Cambados 21 de Xaneiro de 2009

NOTA DE PRENSA DO BNG

O PP DE CAMBADOS VOLVE A ATENTAR CONTRA O PATRIMONIO MUNICIPAL

 

1.- A telleira como estaba antes. 2.- A telleira como está agora.

O BNG de Cambados, sendo coñecedor de que se está a realizar no Facho, en Castrelo, a “rehabilitación” da telleira de Manuel González, realizou unha visita ao lugar e descubríu, para a súa sorpresa, que a obra feita seméllase pouco ao que foi unha telleira tradicional.

O portavoz do BNG, Víctor Caamaño, é consciente de que as persoas da Escola Obradoiro levan meses traballando con moita ilusión e dedicación neste proxecto e limparon, recuperaron o espazo e os materiais e investigaron pola súa conta na procura de información polo que, á vista do resultado, cremos que as obras non contan con ningún tipo de dirección técnica.

Recordamos que calquera actuación nunha telleira, como elemento catalogado dentro das Normas Subsidiarias de Cambados, tería que ser informada pola Comisión de Patrimonio do Concello. Coa actuación realizada na citada telleira desvirtuouse, estragouse e atentouse contra os valores arquitectónicos e etnográficos que posúe.

Víctor Caamaño considera, especialmente grave, este tipo de actuación xa que actualmente non falta documentación nin asesores sobre o tema (existe  unha ampla documentación gráfica e escrita e, incluso, persoas que traballaron, ata hai uns anos, neste tipo de industria e que poden dar conta de como eran orixinalmente) e porque ademais non é a primeira vez que o goberno municipal do PP, coas súas actuacións, atenta contra o patrimonio arquitectónico e artístico de Cambados.

Cando se acomete unha obra de rehabilitación ou restauración,  ante todo hai que respectar o obxecto que se restaura, a súa funcionalidade e a súa estética. Cada pedra e cada forma teñen unha función orixinal que desaparece cunha mala actuación  de “restauración” como ocorreu nesta ocasión. Segundo o diccionario, restaurar significa renovar, reparar ou volver a poñer algo no estado ou estimación que antes tiña; non se poden inventar formas nin estructuras inexistentes, nin empregar materiais que non sexan axeitados, por moi “bonitos” que parezan.

Por este motivo o BNG realizou as seguintes preguntas ao alcalde de Cambados:

1.-Quen elaborou ou quen se encargou do proxecto de rehabilitación da telleira de Manuel González?

2.-Que técnico dirixíu as obras de rehabilitación da telleira?

3.-Foi informado o proxecto pola Comisión Técnica de Patrimonio do Concello, tal e como establece a normativa, tendo en conta que as telleiras figuran como elementos catalogados dentro das Normas Subsidiarias do Concello de Cambados?

Así mesmo, o BNG, informou á Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia das actuacións feitas polo Concello de Cambados na citada telleira.

Advertisements

About unhagrandechea1

Somos a Asociación Cultural e DeportivaUNHA GRANDE CHEA de Cambados, vivimos para o Antroido e o Albariño. Tamén organizamos outros actos na vila. Se nos queres ver o careto estamos aquí nesta ligazón: http://picasaweb.google.es/unhagrandechea/XUNTADIRECTIVA?feat=directlink E se nos queres coñecer máis a fondo visita a nosa páxina web : www.unhagrandechea.org.es O que che está escribir é Chon , o presidente de Unha Grande Chea.
Esta entrada foi publicada en CAMBADOS UNHA GRANDE CHEA. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s