Humor Grandecheo; ENVELLECER É O ÚNICO MEDIO DE VIVIR MOITO TEMPO.

Cambados 17 de xaneiro de 2009

MARIBEL IGLESIAS PRESENTOU O SEU LIBRO “BIOGRAFIA EN IMAXES”

DE RAMON CABANILLAS ENRIQUEZ

FALTA INEXCUSABLE DO ALCALDE TOURIS E DA PRESIDENTA DA COMISIÓN ANO CABANILLAS 2009.

    

1.- Luis Bará.- 2.- Montse Prado. 3.- Adela Leiro. 4.- Maribel Iglesias

A xente de Candea están que non paran estes días. Que se exposicións, que se presentacións, que se visitas. Onte tocoulle a quenda á primeira biografía ilustrada de Ramón Cabanillas, coa que o colectivo quere seguir rendendo homenaxe ao autor. é obra de Maribel Iglesias , unha profesora que empezou o traballo en colaboración con oito alumnas. De presentar o acto encargáronse Adela Leiro , de Candea, e Xosé Rivera , director do instituto Francisco Asorey. Tamén acudiu Luis Bará , director xeral de Creación e Promoción Cultural. A autora, pola súa banda, explicou en que consiste o libro, que recolle fotografías, recortes de prensa e fragmentos de cartas ordenados de forma cronolóxica. O acto terminou coa proxección dun documental no que aparece o propio Cabanillas. Acudiu o acto numerosisimo público entre os que tamén se atopaba a Delegada de Innovación e Industria Montserrat Prado Cores, Francisco Ferna Rei e Luis Rei, representantes da familia , profesores, e representantes de asociacións e colectivos culturais da vila. Que non compareceu o mesmo foi unha representación do Concello pese a estar invitados personalmente o Alcalde Touris e concelleira de Cultura Anabel Carro, é evidente que si eles non están na organización do acto para eles é como se non existira. Eso ten un nome:  “falta de educación cívica”

 

O Alcalde Touris e Anabel Carro que incomprensiblemente non acudiron a cita pese a estar invitados

Advertisements

About unhagrandechea1

Somos a Asociación Cultural e DeportivaUNHA GRANDE CHEA de Cambados, vivimos para o Antroido e o Albariño. Tamén organizamos outros actos na vila. Se nos queres ver o careto estamos aquí nesta ligazón: http://picasaweb.google.es/unhagrandechea/XUNTADIRECTIVA?feat=directlink E se nos queres coñecer máis a fondo visita a nosa páxina web : www.unhagrandechea.org.es O que che está escribir é Chon , o presidente de Unha Grande Chea.
Esta entrada foi publicada en CAMBADOS UNHA GRANDE CHEA. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s