Humor Grandecheo: O TEMPO É O MELLOR MESTRE. MAGOA QUE MATE A TODOS OS SEUS ALUMNOS.

Cambados 15 de Xaneiro de 2009

ISI VAAMONDE UN CLÁSICO HABITUAL DO CIRCUÍTO MADRILEÑO DE SALAS

AÍNDA ESTÁ MOI RECENTE O SEU QUINTO TRABALLO “UNSPORTMANLIKE WORLD”

NA SÚA MÚSICA HAI MOITO OCÉANO ATLÁNTICO

  

1.- Isi Vaamonde tomando unha cervexa no Continental (Cambados). 2.-Con parte da súa banda o mesmo tempo que amigos.3.- Isi en plena actuación.

Isi Vaamonde. Cambados, 1973. Nace na costa galega, entre as choivas de febreiro. Cando chega o momento vaise a Santiago a estudar Dereito, alí atópase paixóns distantes da doutrina xurídica e os códigos. Insistirá pois en relacións paneuropeas pouco prósperas, afeccionándose aos viños de calidade e converténdose en mecenas e benfeitor da hostalería local (con gran agravio para as contas familiares). Nove anos máis tarde, xa viaxado e lido, volve ao seu pobo a ser un bo mozo pero non é capaz de superar a campá funeraria nas tardes escuras de inverno e vaise a Madrid.

En Madrid convértese aos poucos nun emigrante galego standard, volvendo á súa terra esporadicamente para recibir o agarimo dos seus pais (e da hostalería local). Senta nunha batería aos 15 anos e logo de formar parte de decenas de proxectos tanto en directo como en estudo decide coller unha guitarra e cantar os seus propios temas. Durante estes anos tocou con músicos marabillosos e variados gozando da súa amizade e paciencia. Isto fai posible que cun par de chamadas de teléfono aparezan bos amigos para darlles forma ao que unha guitarra e un pouco de «soidade» dítanlle. A súa música é de inspiración “atlántica” (UK, Irlanda e NYC). En directo, o repertorio móvese cara a sons máis próximos ao rock que ao pop, podéndose clasificar como “adult-alternative” (coa consecuente estupidez de clasificar algo).

Banda resolutiva e de moita calidade sobre o escenario cun repertorio compensado e con boa dinámica no que soarán tamén as preceptivas versións de Van Morrison.

Está formada por bos músicos da escena madrileña e galega como son:

– Valentín Iturat …batería

– Eduardo Pulpillo …guitarras/baixo

– Oscar Campos …baixo.

A xeito anecdótico dicir que Isi o dia de fin de ano pasado estivo interpretando o bombo no Bar Silva unha peza co grupo de gaitas Unha Grande Chea. Podes ver un video clip do seu tema “Gipsy Eyes” en “Os nosos vídeos”.Fonte: www.isivaamonde.com

Advertisements

About unhagrandechea1

Somos a Asociación Cultural e DeportivaUNHA GRANDE CHEA de Cambados, vivimos para o Antroido e o Albariño. Tamén organizamos outros actos na vila. Se nos queres ver o careto estamos aquí nesta ligazón: http://picasaweb.google.es/unhagrandechea/XUNTADIRECTIVA?feat=directlink E se nos queres coñecer máis a fondo visita a nosa páxina web : www.unhagrandechea.org.es O que che está escribir é Chon , o presidente de Unha Grande Chea.
Esta entrada foi publicada en CAMBADOS UNHA GRANDE CHEA. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s