Humor Grandecheo: O CRIME NON SE PAGA… ENTÓN, O MEU TRABALLO É UN CRIME?

Cambados 10 de Xaneiro de 2009

XURXO DURAN, PINTÓR CAMBADES “EXILIADO EN RENS”

O PINTOR CAMBADOS EXPORÁ EN FEBREIRO  EN CAMBADOS.

ESTÁ ELABORANDO UNHA OBRA EN HONRA DE CABANILLAS

  

1.- Xurxo durán no Albariño Pasado, cunh unha amiga súa, Chon Presidente de Unha Grande Chea, Luis Silvoso e Lupe Miser. ".2- Xurxo Durán cunha das súas obras.

A pintura dun cambadés en Francia. Xurxo Durán traballa nunha obra que se exporá nun mes no museo do viño      

A bretaña francesa é xa o lugar de residencia habitual do cambadés Xurxo Durán. Alí construíu unha casa con material reciclado que lle custou 14 euros e alí encárgase agora de dirixir un colectivo artístico formado por 60 persoas. Pero todo o seu labor no país veciño quedou paralizada por unha petición do Concello de Cambados. Neste municipio pasou uns días para elaborar unha obra en honra a Ramón Cabanillas. O seu traballo formará parte dunha exposición colectiva.

Xurxo Durán será o primeiro dos artistas que participa na mostra en honra a Cabanillas en ter lista a súa obra. Mañá domingo emprende regreso a Rennes, en Francia, onde reside desde fai tres anos. Leva xa varias semanas traballando no museo cambadés, nunha obra pictórica sobre Cabanillas. Fai xa dous ou tres anos que a súa obra se puido ver en Cambados, «e desde entón foi cambiando», afirma. A pintura segue sendo o ingrediente principal da súa obra, «pero varío os soportes. Utilizo a pintura en performances, en esculturas», asegura. Durante o mes de febreiro inaugurarase a exposición no museo cambadés.

Mañá domingo, Durán emprende o regreso a Rennes, para volver dirixir un colectivo artístico de 60 persoas e retomar as súas obras, ademais de dar clases. Tarefas coas que se mostra «moi contento». «Alí temos todo tipo de talleres, de madeira, de costura, de forxa, de cerámica…», conclúe.

Un artigo de Maruxa Alfonso.

Advertisements

About unhagrandechea1

Somos a Asociación Cultural e DeportivaUNHA GRANDE CHEA de Cambados, vivimos para o Antroido e o Albariño. Tamén organizamos outros actos na vila. Se nos queres ver o careto estamos aquí nesta ligazón: http://picasaweb.google.es/unhagrandechea/XUNTADIRECTIVA?feat=directlink E se nos queres coñecer máis a fondo visita a nosa páxina web : www.unhagrandechea.org.es O que che está escribir é Chon , o presidente de Unha Grande Chea.
Esta entrada foi publicada en CAMBADOS UNHA GRANDE CHEA. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s