Humor Grandecheo: O AMOR ETERNO DURA APROXIMADAMENTE 3 MESES

Cambados 10 de Xaneiro de 2009

O ANO CABANILLAS ESTREOUSE ONTE NO AUDITORIO

DIVERSAS INTERVENCIÓNS AMENIZARON O EVENTO

ENGRACIA VIDAL NO SEU DISCURSO PIDEULLE A IGREXA A UTILIZACIÓN DO GALEGO.

1.- Maria Xesús Lópèz Escudeiro Delegada Provinal de Cultural e presente onte no acto. 2 e 3.- Os Alumnos de I.E.S. Ramón Cabanillas en ple representación.

Do acto en si tedes toda información na prensa en xeral nos imonos referir somentes a destacar catro cousas do acto a primiera o anuncio por parte de Francisco Fernández Rei “Paco o de Xenxa” , academico galego, dunha sesión estraordinaria do Pleno da Real Academia Galega aproximadamente para novembro. A segunda , e sen ánimo de criticar, as luces que ocasionarion mais dun problema os intervintes, coidamos que é necesaria sobre todo para este ano o colación dunha torres de luces no escenenario, que a luz veña darriba e non de frente.A terceira é a omisión, esperemos que involuntaria,  por parte da Concelleira de Cultura e Presidenta da Comisión Ano Cabanillas 2009 Ana bel Carro, cando cita as autoridades cita o Alcalde , o enviado pola deputación o Sr. Regueira e omite a presenza da Delegada de Cultura Maria Xesús López Escudeiro neste caso no protocolo deberia ser a citada en primeiro lugar.Por último sorprendeunos gratamente Engracia Vidal Estevez , a cal non coñeciamos , Secretaria   de “Encrucillada” Revista Galega de Pensamento Cristián (www.encrucillada.org.es ) ,  escritora e conferenciante, autora entre outros do libro “Por unha igrexa tamén feminina”, cambadesa de nacemento e presume delo e que fixera da Anxo na primeira representación de “A Ofrenda das Fadas no Portal de Belén” fai 65 anos, cando fixo todo un alegato a Igrexa Católica para cando a utilización do galego na liturxia, algún dos ali presentes de seguro que tomou boa nota. Parabens a Manolo Núñez porque os seus alumnos fixeron unha moi boa representación da obra da Cabanillas 65 anos despois da súa estrea. Doutra banda Adela Leiro fainos saber que  “A Ofrenda das Fadas no Portal de Belén”  é un traballo realizado polo IES Ramón Cabanillas. Xa se representou no Instituto antes das vacacións de Nadal para o alumnado do centro, a do onte foi solicitada polo concello e o luns estaba prevista desde sempre para a presentación da exposición. Faise en horario escolar para o alumnado e poden asistir tamén as persoas que queiran. Están especialmente invitados os representantes dos centros que colaboran no proxecto de traballo da exposición.

Advertisements

About unhagrandechea1

Somos a Asociación Cultural e DeportivaUNHA GRANDE CHEA de Cambados, vivimos para o Antroido e o Albariño. Tamén organizamos outros actos na vila. Se nos queres ver o careto estamos aquí nesta ligazón: http://picasaweb.google.es/unhagrandechea/XUNTADIRECTIVA?feat=directlink E se nos queres coñecer máis a fondo visita a nosa páxina web : www.unhagrandechea.org.es O que che está escribir é Chon , o presidente de Unha Grande Chea.
Esta entrada foi publicada en CAMBADOS UNHA GRANDE CHEA. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s