.

Cambados 9 de Xaneiro de 2009

FALECE ANDRÉS IGLESIAS GONZALEZ

EX-ALCALDE DE CAMBADOS

FOI O QUE INSTITUCIONALIZOU A FESTA DO ALBARIÑO

   

1.- Andrés Iglesias co seu irmán Benito formando no equipo da Juventud Católica. 2.- Equipo da Juventud Católica o completo. 3.- Ano 1958, a única vez que Ramón Cabanillas asistiu a festa do Albariño, ocupou a presidencia honorifica, a súa dereita o Alcalde Andrés iglesias. (Preme nas fotos para velas ampliadas)

   

1.- Corporación municipal 1959, presidia a mesma Andrés Iglesias. 2.- Foto de Andrés Iglesias da época. 3.- Homenaxe a todos os alcaldes de Cambados con motivo do 50 festa do Viño Albariño. (Preme nas fotos para velas ampliadas).

Andrés Iglesias González é parte da historia de Cambados en moitos aspectos, empezando nos seus anos mozos foi un gran deportista e un gran xogador de fútbol, el formou parte daquel mítico equipo da Juventud Católica con Millán, Palacios, o seu irmán Benito,  etc (podedes ver fotos deste equipo en http://www.clubjuventudcambados.es ). Era Licenciado en Dereito e traballou como funcionario superior da Cámara Agraria Local, xubilado exerceu como Xuíz de Distrito de Cambados, facendo incluso varias veces como Xuíz de Primeira Instancia e Instrución de Cambados, pero a súa faceta mais coñecida foi a de Alcalde de Cambados tarefa que exerceu durante os anos 1957 a 1962,  entre os seus logros está a de institucionalizar a festa do Albariño, xa que a mesma estaba en perigo de desaparecer o estar en mans privadas, así a él en parte debémoslle que nos poidamos divertir todos os primeiros fins de semana de Agosto . O noso máis sentido pésame a familia.

Advertisements

About unhagrandechea1

Somos a Asociación Cultural e DeportivaUNHA GRANDE CHEA de Cambados, vivimos para o Antroido e o Albariño. Tamén organizamos outros actos na vila. Se nos queres ver o careto estamos aquí nesta ligazón: http://picasaweb.google.es/unhagrandechea/XUNTADIRECTIVA?feat=directlink E se nos queres coñecer máis a fondo visita a nosa páxina web : www.unhagrandechea.org.es O que che está escribir é Chon , o presidente de Unha Grande Chea.
Esta entrada foi publicada en CAMBADOS UNHA GRANDE CHEA. Ligazón permanente.

One Response to .

  1. ALberto di:

    Fue ademas un gran señor y hombre de principios que mantuvo toda su vida.J.A.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s