Humor Grandecheo: CINCO DE CADA CATRO PERSOAS PREGÚNTANSE ONDE ESTÁ O QUINTO.

Cambados 6 de Xaneiro de 2009
CARTA O ALCALDE DE CAMBADOS
DUN SOCIO DA BIBLIOTECA
PUBLICAMOLA CON CERTO RETRASO XA QUE FOI ENVIADA A NOS PORQUE NINGÚEN MEDIO DE PRENSA LLA QUIXO PUBLICAR, PERO SIRVE DE AVISO PARA OUTRAS VECES

Iltmo. Concello de Cambados.

Benquerido Alcalde e Moi Sr.Meu:

Permítame que empregue este medio, ao igual que Vd. se dirixiu fai uns días -no exercizo do seu dereito-, ao Sr. Presidente da Xunta de Galicia.

A cuestión que orixina a presente é ben sinxela, aínda que no tema a competencia exclusiva sexa da Sra. Carro; pero non debemos de esquecer que Vd. non deixa de ser o seu superior, e pode corrixir -e de seguro corrixirá a situación-, para que no vindeiro non volva repetirse.

Supoño que descoñece, que a Biblioteca Municipal estivo pechada polos seráns, desde o día 7 ata o 21 de xullo (ámbolos dous incrusive), co cal as persoas que facemos uso a cotío dela, nese tempo tivemos que apañarnos, de xeito obrigado por tal medida, como puidemos.

Vd. saberá -póñase no noso lugar-, que cando un tén exames en setembro, preparación de oposicións, acceso a Internet por non dispor do mesmo, etc… que o peche da Biblioteca non che é unha cuestión "baladí", senón ao meu modesto entender cuasi vital, tendo en conta amais que tal cousa nunca acontecera.

Sinceiramente, e con todolos meus respectos non é de recibo este actúar incomprensible por parte da Admón. Pública Local, aínda no suposto dun feito aillado e pontual, pero tamén á vez totalmente previsible, e polo tanto ben podería terse arranxado mediante a substitución do persoal encargado.

Polo antedito, prégolle encarecidamente dea as ordes oportunas para que no vindeiro un servizo público como é o da Biblioteca Municipal -fundamental e básico para nos-, permaneza aberto todolos seráns de todolos vrans.

Dándolle-las grazas por anticipado, fico de seu atte.:

Asdo.: Socio núm. 1809 da Biblioteca Municipal de Cambados.

Advertisements

About unhagrandechea1

Somos a Asociación Cultural e DeportivaUNHA GRANDE CHEA de Cambados, vivimos para o Antroido e o Albariño. Tamén organizamos outros actos na vila. Se nos queres ver o careto estamos aquí nesta ligazón: http://picasaweb.google.es/unhagrandechea/XUNTADIRECTIVA?feat=directlink E se nos queres coñecer máis a fondo visita a nosa páxina web : www.unhagrandechea.org.es O que che está escribir é Chon , o presidente de Unha Grande Chea.
Esta entrada foi publicada en CAMBADOS UNHA GRANDE CHEA. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s