Cambados 1 de xaneiro de 2009
AMANCIO HORRO E AS SÚAS FOTOS
“NUESTRAS CLÁSICAS”, “CAMBADOS” E “VUELO E VIAJES
UN ESPAZO DIGNO DE VISITAR
1.- Amancio Horro.- 2.- Vista aérea de Cambados.- 3.- Combinando as súas duas grandes afeccións , as motos e a fotografiía.
Grazas a www.cambados.tk acabamos de descubrir un espazo dun cambadés ilustre que aparte de ser un gran piloto aéreo, ser nomeado o ano pasado cabaleiro do Capitulo Serenísimo do Albariño e un gran afeccionado as motos antigas, é ademais un consumado fotografo non hai mais que visitar o seu espazo http://www.flickr.com/photos/22471976@N04/ e ver as súas instantáneas, ten tres apartados “Nuestras Clasicas” adicado a súa afección as motos antigas, “Cambados” adicado o seu pobo con vistas áreas impresionantes e “Vuelos e Viajes” aproveitando a súa profesión pois preséntanos lugares, aeroportos etc, fotos todas elas dunha gran calidade. Parabéns Amancio.