Humor Grandecheo: QUENMEROUBOABARRAESPACIADORA?.

Cambados 28 de Decembro de 2008

A PRAZA DE FEFIÑANS CONTARÁ CUNHA ESTATUA ECUESTRE DE FRANCO

FOI ACORDADO NA DERRADEIRA COMISIÓN DO GOBERNO DO ANO.

O ALCALDE TOURÍS FOI O QUE PROPUXO A IDEA, SECUNDADA POR TÓDOLOS SEUS CONCELLEIROS.

Estudo informático realizado polos técnicos do concello de como quedaria a praza no futuro.

Na derradeira Comisión do Goberno do ano que tivo lugar o día 26 de Decembro pasado, as 21.30 horas,  a maioría do Partido Popular de Cambados, acordou  en desagravio pola retirada da última estatua ecuestre de Franco de Santander,  colocar unha nova na Praza de Fefiñans de Cambados, acordándose na mesma comisión encargarlle a obra  o escultor madrileño Julio López Hernández, a idea foi do Alcalde Tourís sendo secundada polos demais concelleiros do seu grupo. A estatua será colocada o vindeiro 18 de xullo de 2009. A obra será sufragada en parte polo Concello de Cambados concretamente nun 25% , un 5% pola Asociación Galicia Bilingüe e o 70% restante será subvencionada pola Deputación de Pontevedra. Louzán o parecer amosouse moi satisfeito coa idea e non dubidou en colaborar co Concello de Cambados.

About unhagrandechea1

Somos a Asociación Cultural e DeportivaUNHA GRANDE CHEA de Cambados, vivimos para o Antroido e o Albariño. Tamén organizamos outros actos na vila. Se nos queres ver o careto estamos aquí nesta ligazón: http://picasaweb.google.es/unhagrandechea/XUNTADIRECTIVA?feat=directlink E se nos queres coñecer máis a fondo visita a nosa páxina web : www.unhagrandechea.org.es O que che está escribir é Chon , o presidente de Unha Grande Chea.
Esta entrada foi publicada en CAMBADOS UNHA GRANDE CHEA. Ligazón permanente.

1 Response to Humor Grandecheo: QUENMEROUBOABARRAESPACIADORA?.

  1. TITA di:

    a inocentada foi boa!! Era o que nos faltaba!!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s