Humor Grandecheo: CADA MULLER É UN MUNDO. FAI TURISMO.

Cambados 27 de Decembro de 2008

¿RADIO PONTEVEDRA  É A RADIO DO PP?

E UNHA RADIO QUE SUFRE UNHA GRANDE METAMORFOSE A HORA DA DESCONEXIÓN ESTATAL

EUGENIO GIRALDEZ É O RESPONSABEL.

     

1.- Eugenio Giraldez un locutor moi PoPular. 2.- Lores, alcalde de Pontevedra centro dos ataques de Giraldez. 3.- Anxela Bugalla, a valedora da "irmandiña".

Todos sabemos que Radio Pontevedra, ten unha cruzada encontra do BNG de Pontevedra, por razóns estritamente políticas. Eugenio Giraldez gran golfista el , aparte de ser un locutor moi PoPular, quere acabar como sexa co BNG e co Alcalde Lores, pola simple razón de que a Lores parecíalle unha inxustiza que o Concello de Pontevedra tivera que poñer cartos  para o campo de golf de Castrove. Dende esa teña xurada. Radio Pontevedra  é unha radio totalmente parcial e sempre tratando de favorecer o PP en tódolos informativos agás cando conectan a nivel estatal  que troca como da noite o día. Pero  o que xa é o colmo é que onte un seudolocutor    de deportes anunciando  o Galiza-Iran  dicia “mañana hay futbol, ese invento político, Galicia-Irán”, hai cousas nas que unha asociación coma a nosa que defenda os valores galegos non pode deixar pasar por alto. ¿Acaso a Selección Española é un invento político?. A “Irmandiña” é unha selección que moitos viñamos pedindo fai moito tempo e que é capaz de encher un campo como  o de Balaidos ou Riazor e toda grazas a unha Conselleira do BNG Anxela Bugallo que fixo posible que cada ano poidamos gritar “Galiza, Galiza, Galiza” e non esteamos en ningún acto político. Quita a careta dunha vez Eugenio  Giraldez.

About unhagrandechea1

Somos a Asociación Cultural e DeportivaUNHA GRANDE CHEA de Cambados, vivimos para o Antroido e o Albariño. Tamén organizamos outros actos na vila. Se nos queres ver o careto estamos aquí nesta ligazón: http://picasaweb.google.es/unhagrandechea/XUNTADIRECTIVA?feat=directlink E se nos queres coñecer máis a fondo visita a nosa páxina web : www.unhagrandechea.org.es O que che está escribir é Chon , o presidente de Unha Grande Chea.
Esta entrada foi publicada en CAMBADOS UNHA GRANDE CHEA. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s