Cambados 23 de decembro de 2008
III ANIVERSARIO DE www.unhagrandechea.org.es
PARABÉNS TAMÉN A www.cambadosweb.net QUE CUMPRE O SEU 1º ANIVERSARIO
BENVIDO A www.cambados.tk , QUE REAPARECE NOVAMENTE.
PARABÉNS TAMÉN A www.cambadosweb.net QUE CUMPRE O SEU 1º ANIVERSARIO
BENVIDO A www.cambados.tk , QUE REAPARECE NOVAMENTE.
1.- Selo conmemorativo do 3º Aniversario de www.unhagrandechea.org.es . 2.- A nova imaxe de www.cambados.web.net e 3 o novo espazo www.cambados.tk
Xa van ala tres anos, cando empezamos con esta historia de facer un blog, nin por asomo pensabamos que en tres anos iamos acadar 133.000 visitas, pero nos non temos mérito ningún quen realmente o ten son a xente e os colectivos de Cambados que grazas e eles imos medrando neste difícil mundo de internet, e sobre todo os que nos visitades. Hoxe en día somos un referente en Cambados grazas a todos vos.
Tamén queremos achegar a nosa felicitación a páxina amiga
Tamén queremos achegar a nosa felicitación a páxina amiga
www.cambadosweb.net que cumpre o seu primeiro aniversario na rede, é o noso desexo cumpra moitos máis.
De novo, www.cambados.tk reaparece con forza esta vez formato blog pero que inclúe o seu famoso libro de visitas, benvidos , e a traballar por Cambados.
Quizais se bota de menos a páxina institucional que case tamén vai facer un ano que non traballa, din que están en obras, non nos entrañaría que a reabriran agora pronto, xa que estamos en precampaña electoral e iso Touris sabeo aproveitar moi ben, así como a revista a Calzada que de seguro tamén aparecerá proximamente con "novos logros" de Touris e de Superlouzán.