Humor Grandecheo: SE NON ENTRA, NON O FORCES. TRAE UN MARTELO MAIS GRANDE.

Cambados 21 de Decembro de 2008

DOUS ACONTECEMENTOS DIGNOS DE MENCIÓN

O CONCERTO DE ANTONIO VEGA E A PRESENTACIÓN DO LIBRO DE ADELA LEIRO.

A XENTE DE CAMBADOS MOVE A CULTURA DO POBO

  

Tres imaxes do libro de Adela, as tres de Cambados.

Adela Leiro Lois presentou onte o seu libro “Galiza, camiño do sol” (Cen camiños, cen olladas), publicado por A Nosa Terra. Un libro con preto de cen fotografías do noso pais, si xa sabiamos que tiñamos un terra marabillosa, Adela venos a confirmar por medio de este extraordinario exemplar, que temos a mellor terra do mundo, cen imaxes a cal mellor. Adela estivo arroupada por familiares, amigos e invitados   en número aproximado de cen persoas,  entre elas podemos ver o seu irma o escultor Francisco Leiro, o polifacético Antón Reixa, e Montse Prado , Delegada de Industria e o presidente de Unha Grande Chea, tamén invitado o acto, así como númerosos compañeiros de profesión.

Antonoio Vega e os integrantes de Nova Produccións.

Doutra banda case sen darnos temos asistimos o concerto de Antonio Vega de Nova Producións, unha organización de sobresaliente, Unha Grande Chea foi invitada o palco VIP, e alí volvemos a coincidir coa Delegada de Industria Montse Prado quen mediante o Xacobeo prestou unha axuda importante o evento, así como demais políticos locais e casas patrocinadoras. O concerto foi excepcional coa sorpresa que un dos socios de Nova Producións Pepiño Nuñez subiu o escenario e cantou unha canción con Antonio Vega. Desexámoslle a estes xoves que continúen por este camiño e moita sorte cara o futuro.

About unhagrandechea1

Somos a Asociación Cultural e DeportivaUNHA GRANDE CHEA de Cambados, vivimos para o Antroido e o Albariño. Tamén organizamos outros actos na vila. Se nos queres ver o careto estamos aquí nesta ligazón: http://picasaweb.google.es/unhagrandechea/XUNTADIRECTIVA?feat=directlink E se nos queres coñecer máis a fondo visita a nosa páxina web : www.unhagrandechea.org.es O que che está escribir é Chon , o presidente de Unha Grande Chea.
Esta entrada foi publicada en CAMBADOS UNHA GRANDE CHEA. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s