Cambados 26 de novembro de 2008
O PRINCIPE “ORELLAS” VAI BEBER ALBARIÑO
ESPEREMOS QUE NON LLE SENTE MAL
OUTROS FAMOSOS VAN FACER O MESMO.
1.- Carlos de Inglaterra.- 2.- Fatima Bhutto .- 3.- George Clooney e 4.- Ingrid Betancourt
Os viños albariños da Denominación de Orixe Rías Baixas serán os únicos que poderán degustarse durante o transcurso da cea de gala que se celebra en Londres con motivo dos Premios da Asociación da Prensa Estranxeira, segundo confirmaron onte desde o Consello Regulador. Entre os invitados que asistirán a este evento e que, polo tanto, poderán catar os albariños que se servirán na cea, atópanse, entre outros, o Príncipe Carlos, Ingrid Betancourt, Fatima Bhutto e George Clooney, xunto a outras 400 persoas.