Cambados 18 de Noviembre de 2008
O BNG ALBERGABA A ESPRANZA DE QUE TOURIS CONVOCARA O PLENO
O SOLICITUDE DO CURA PARROCO FOI DESOIDA POLO ALCALDE
VICTOR CAMAÑO SABIA PERFECTAMENTE O QUE PEDIA E COMO O PEDIA
Desde o goberno municipal do PP de Cambados, deuse resposta oficial á petición do BNG de celebrar un pleno extraordinario no que se trataría a actual problemática na que se encontran os cemiterios parroquiais, así como sobre a posibilidade de construír no futuro un cemiterio público en que dese o servizo axeitado a todos os veciños e veciñas do noso concello.
Non se admitíu a solicitude presentada polo BNG alegando “incumprir o requisito formal para a convocatoria dunha sesión extraordinaria, ao non contar coa maioría necesaria para instar a súa celebración”.
Sabíamos, no momento de presentar a nosa petición no concello, que os tres concelleiros do BNG non serían suficientes para esixir a convocatoria dun pleno extraordinario, pero agardabamos que por tratarse dun tema especialmente importante para os cambadeses e cambadesas, o grupo de Goberno do PP apoiaría e aceptaría a nosa proposta de convocaría de pleno. Vemos, unha vez máis, que desde o goberno municipal de Cambados non hai vontade política para atender as demandas e peticións dos veciños e veciñas, peticións que no caso do cemiterio require unha solución con urxencia.
Texto : Victor Caamaño BNG Cambados. Fotos: Imaxes Google.