HUMOR RETRANQUEIRO: HAI TRES TIPOS DE PERSOAS: OS QUE SABEN CONTAR E OS QUE NON.

Cambados 25 de outubro de 2008

"NOVA PRODUCIÓNS" XA TEN PÁXINA WEB E CORREO
www.novaproducions.com nova_producions@hotmail.com
JOSE LUIS CACABELOS, JUAN RIVAS, ROBERTO PEREZ E QUIQUE BARREIRO SON OS NOVOS EMPRESARIOS

cambados unhagrandechea nova producions eduardo apariz

1.- JOSE LUIS CACABELOS, JUAN RIVAS, ROBERTO PEREZ E QUIQUE BARREIRO vistos por Eduardo Apariz (para ver a foto na súa calidade perfecta mira en www.cambadosenfotos.net)

Como xa informabamos fai uns días unha nova produtora acaba de nacer en Cambados a súa denominación é "NOVA PRODUCIÓNS" e xa ten paxina web e correo electrónico. Una das súas primeiras contratacións é das que marcan época nada máis e nada menos que preto do Nadal actuará en Cambados grazas a súa boa xestión Antonio Vega como xa informaron os medios de prensa e este propio espazo. Saben que nos teñen a súa disposición para o que faga falta e desexamolle toda a sorte do mundo.
Texto: Unha Grande Chea.- Foto Eduardo Apariz
www.cambadosenfotos.net

————————————————————

Cambados 25 de outubro de 2008

I XUNTANZA DE CANLES GALEGAS YOU TUBE
UNHA XUNTANZA PARA A HISTORIA

UNHA GRANDE CHEA VAI PROPOÑER QUE O ANO QUE VEN SE CELEBRE EN CAMBADOS.

          

Recentemente tivo lugar na cidade das murallas a “I XUNTANZA DE CANLES GALEGAS YOU TUBE”, cunha asistencia importante e promovida polas tres canles galegas de máis puxanza no you tube http://br.youtube.com/Edelmiro007 , http://br.youtube.com/papigil e http://br.youtube.com/XOANARCODAVELLA , é un paso adiante e moi importante  para que a xente que da a coñecer por medio das canles as nosas tradicións e os nosos lugares máis fermosos se coñezan persoalmente. Co gallo da celebración do Ano Cabanillas 2009, esta asociación vai propoñer de xeito oficial as canles organizadoras que o ano que ven esa xuntanza se celebre en Cambados.
Aparte dos vídeos que vos ensinamos podedes ver máis vídeos da xuntanza premendo nas seguintes ligazóns:
http://br.youtube.com/watch?v=Giizm9RkGgQ
http://br.youtube.com/watch?v=o2o2t-ZiGlE  , hai moitas máis só e cuestión de poñer no buscador de you tube “ I XUNTANZA DE CANLES GALEGAS YOU TUBE”.

Texto; Unha Grande Chea. Videos: http://br.youtube.com/Edelmiro007

————————————————————

Cambados 24 de outubro de 2008

A EDITORIAL DO ATURUXO ADICADA A UNHA GRANDE CHEA

A NOVO PERIÓDICO NON ESTÁ DA CORDO QUE OS "TIL DARAMOS" DE “CENTRO DEREITA”

SENÓN  É ASÍ PERDÓN E ALEGRAMONOS, E BENVIDOS Ó “PLANETA AROUSA”.

 

                                                                       

De UNHA GRANDE CHEA

Queridos amigos de “O ATURUXO” (www.aturuxo.es):

Non é cuestión de que isto se converta nunha relación epistolar a modo de editoriais. Seguramente as dúas entidades buscamos o mesmo,  o mellor para Cambados, para O Salnés e para Galicia, isto queda moi ben en verbas. Pero esta importante perogrullada que acabamos de dicir asinaríao un do PP, un do PSOE e un do BNG ou calquer concelleiro de outro grupo politico que teña representación en calquer concello da bisbarra. Entón ¿onde está a diferencia?  e bo preguntarse. Evidentemente nos xeitos, na forma de facelo ou conseguilo e nos matices ( Galicia para os do PP é unha rexión, para os do PSOE é unha comunidade autónoma e para os do BNG é unha nación…¿matices?)  , e nos, o mellor equivocados, vimos neste novo medio esa tendencia, alegramonos de trabucarnos aínda que non teñamos nada persoal contra do “centro dereita”. No que discrepamos de vos  é que non se pode ser asépticos politicamente, e queiramos ou non o home (muller)  é un animal político e como tal ten tendencias, desconfiade sempre daqueles que din "éu  son apolitico" soen ser os piores . Nos somos un colectivo que nos puxeron o titulo de “esquerdosos” na nosa vila, con razón ou sen ela,  e no mesmo  temos xente que vai comulgar a igrexa,  temos xente que vai a igrexa, temos xente que vai ata porta da igrexa, temos xente que pasa por diante da igrexa, temos xente que non quere nin pasar por diante da igrexa , temos xente que non quere  nin oír falar da igrexa, e temos xente que fai o botellón na porta da igrexa. ¿Que diría un teólogo da nosa tendencia relixiosa?. Unha aperta , e o dito, benvidos amigos.

UNHA GRANDE CHEA

P.D. -Por certo,  se  podedes facedevos co periódico.

————————————————————

 

Cambados 24 de outubro de 2008

ÉXITO SEN PRECEDENTES DAS "I XORNADAS  CABANILLAS NA ESCOLA"
ONTE FORON CLAUSURADAS POLA DELEGADA DE CULTURA MARÍA XESÚS LOPEZ ESCUDEIRO
TAMÉN SE PRESENTOU O PROXECTO DE TRABALLO DE CANDEA PARA O ANO CABANILLAS 2009.

cambados unhagrandechea cambanillas cambados unhagrandechea cambanillas (1) cambados unhagrandechea cambanillas (2) cambados unhagrandechea cambanillas (3)

1.- A Delegada de Cultura Maria Xesús López Escudeiro.- 2.- Adela Leiro unha das responsables de Candea. 3 e 4.- Xoan Antonio Pillado e Manolo Núñez (a quen se pode ver na seguinte foto) foron os responsables de Roteiro Cabanillas. (Preme nas fotos se queres velas ampliadas.)

Cunha conferencia dun histórico do galeguismo Avelino Pousa Antelo , coa presentación do proxecto de traballo de Candea para o ano Cabanillas 2009 e a presenza da Delegada de Cultura María Xesús López Escudeiro, foron o broche de ouro a unhas xornadas nas que Asociación de Ensinantes do Salnés "Candea" obtivo un sobresaliente en organización das mesmas. Superáronse todas as previsións, as xornadas foron amenas instrutivas e con uns conferenciantes de sumo nivel, difícil de superar.
Tamén como decímaos presentouse o proxecto de traballo de Candea para o ANO CABANILLAS que se pretende realizar conxuntamente con todos os centros da comarca que desexen participar. Contan  cunha axuda económica e o apoio da Consellería de Cultura, que onte, na persoa da Delegada Provincial, clausurou as Xornadas o mesmo tempo que  explicou a súa implicación no traballo. Para un estudio pormenorizado do documento de traballo podelo ver integramente premendo na seguinte ligazón: 
http://docs.google.com/Doc?id=dc7knff2_2cppr9md9

Parabéns Candea.
Texto e fotos: Candea, Unha Grande Chea e Imaxes Google.

————————————————————

Cambados 23 de outubro de 2008

"A BRUXA DO OESTE"
É O TITULO DA NOVA OBRA DE TEATRO CARACOL
A ESTREA ESTÁ PREVISTA PARA O VINDEIRO MARZO.

TEATRO CARACOL cambados unhagrandechea caracol 2008 a bruxa do oeste (7)

1.2. Duas instantaneas dos ensaios.

Novamente Caracolga é dicir Olga González Vilas puxo en marcha a máquina de Teatro Caracol e comezaron os ensaios  de nova obra de Teatro Caracol "A Bruxa do Oeste", da cal non podemos contar moito porque é todo un segredo. O reparto intégrano preto de 30 persoas de idades comprendidas entres os 13 é 60 anos. O que si nos dixo Olga é que como sempre é unha obra para rapaces e moi musical. Teatro Caracol é todo un referente na ria de Arousa, e as súas representación que duran preto de quince días son vistas por máis de tres mil nenos, tamén hai catro funcións para maiores. As funcións para os nenos son gratuítas. De seguro que ha de ser un novo éxito de Caracol. Máis fotos en "AS NOSAS FOTOS"

Texto e fotos: Una Grande Chea.

————————————————————

Cambados 23 de outubro de 2008

IMPRESIONANTE EXCLUSIVA DE "A NOVA TROLA"

UNHA ESTRAÑA ENFERMIDADE AFÉCTALLE O LÍDER GALEGO DO PP

A NUÑEZ FEIJOO ESTALLE A VOLVER A LINGUA BÍFIDA E APARÉCENLLE AS INICIAIS "G.B."

cambados unhagrandechea a nova trola (2) cambados unhagrandechea a nova trola

1.- Portada de "A Nova Trola".- 2.- Nuñez Feijoo co "maliño" na boca.

O periódico cambadés "A NOVA TROLA" acaba de publicar en exclusiva no seu derradeiro número que o líder do PP Galego Alberto Nuñez Feijoo está a ser afectado dunha estraña enfermidade que o parecer consiste en que a lingua estáselle a volver bífida e o mesmo tempo aparécenlle na lingua as iniciais "G.B.". Os médicos estanse a volver tolos por que non dan ca orixe da enfermidade, agás un medico chamado Breogán Celta que  fala galego, que comentou "A NOVA TROLA" que ese enfermidade  puído collela en Cambados onde se instalou un vacilo dende que fai uns meses houbo un congreso no Auditorio dun grupo de persoas raras que dis que teñen dúas linguas ou que son Bilingües. A enfermidade o parecer non ten cura porque nace no cerebro e de moi difícil localización.

Texto e Fotos: "A Nova Trola". (Grazas a Fotologio pola idea) "En defensa da nosa lingua: O GALEGO" 

————————————————————

About unhagrandechea1

Somos a Asociación Cultural e DeportivaUNHA GRANDE CHEA de Cambados, vivimos para o Antroido e o Albariño. Tamén organizamos outros actos na vila. Se nos queres ver o careto estamos aquí nesta ligazón: http://picasaweb.google.es/unhagrandechea/XUNTADIRECTIVA?feat=directlink E se nos queres coñecer máis a fondo visita a nosa páxina web : www.unhagrandechea.org.es O que che está escribir é Chon , o presidente de Unha Grande Chea.
Esta entrada foi publicada en CAMBADOS UNHA GRANDE CHEA. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s