HUMOR RETRANQUEIRO:SE BO COS TEUS FILLOS. ELES ELIXIRÁN A TÚA RESIDENCIA.

Cambados 23 de outubro de 2008

UNHA GRANDE CHEA INVITADA EN SANTIAGO

O GRUPO CORREO  INVITOUNA A GALA QUE SE CELEBRA HOXE "GALLEGOS DEL AÑO".

UN DOS PREMIADOS É CARLOS PEREZ RIAL "PERUCHO"

cambados unhagrande chea correo (1) cambados unhagrande chea correo

1.- Invitación o evento a Unha Grande Chea.- 2.- Perucho.

Unha Grande Chea, e unha das asociacións invitadas polo Grupo Correo Gallego a XIX Edición dos Premios "Gallegos del año 2008" gala organizada polo devandito grupo. Entre os premiados está o piragüista pertencente o Club de Ribadumia  Carlos Pérez Rial "Perucho". A hora de confeccionar esta nova aínda non confirmaramos asistencia o evento que vai ter lugar no día de hoxe no Auditorio de Galicia en Santiago de Compostela. De tódolos xeitos agradecemos o Grupo Correo Gallego a súa invitación.

Texto e fotos: Unha Grande Chea.

————————————————————

Cambados 23 de outubro de 2008

UNHA NOVA PAXINA WEB NACE EN AROUSA PARA GALICIA

O SEU PORTAL É www.gayliza.com

O ÚNICO QUE SABEMOS É QUE UNHA GUÍA E VIAXES PARA "GAYS"

unhagrandechea cambados gayliza

Portal da páxina que ainda no entrou en funcionamento.

Un novo portal web ven a engadirse a familia arousá, www.gayliza.com está en período de nacemento xa ten o seu portal en internet e polo que se deduce do mesmo ven a ser unha "guía e viaxes para gays" alo menos ese é o “slogan” do seu portal. A páxina polo de agora aínda non entrou en funcionamento para segundo poñen no mesmo "Falta pouco". Estaremos a expectativa, de tódolos xeitos benvidos a rede rapaces.

Texto e foto: Unha Grande Chea.

————————————————————

 

Cambados 22 de outubro de 2008

UNHA CONFERENCIA DE LUXO

POUSA ANTELO DISERTARÁ SOBRE:  “A MIÑA LEMBRANZA DE CABANILLAS”.

UN HISTÓRICO DO GALEGUISMO EN CAMBADOS.-

avelino_pousa_antelo cambados unhagrandechea luis rei cabanillas (2)

1.- Avelino Pousa Antelo.- 2.- Ramón Cabanillas.

 

Mañá xoves as 18 horas no I.E.S. Ramón Cabanillas vai ter lugar a inigualable conferencia de Pousa Antelo quen disertará sobre “A miña lembranza de Cabanillas". Como para perderse esta cita, ainda que está encadrada dentro das" I Xornadas de Cabanillas na Escola" que organiza Candea, a entrada é libre. Aquí vos deixamos cunha semblanza do conferenciante:

Avelino Pousa Antelo (Arzón – Coruña, 14 de maio de 1914), tamén coñecido polo pseudónimo de Loito do Peto, é un intelectual e xornalista galego. É o presidente da Fundación Castelao, vicepresidente da Fundación Fernández Florez e vogal das Fundacións Pedrón de Ouro e Alexandre Bóveda.

Como xornalista, foi colaborador nos anos 30 La Voz de Barcala "órgano da Federación Agropecuaria do Distrito de Negreira", e publicou centos de artigos en distintas publicacións sobre temas agrarios e cooperativos, ademais de sobre temas políticos.

Biografía:Estudou durante seis anos na Universidade Pontificia Compostela, logo Maxisterio tamén en Santiago, dou cursos de Comercio en Lugo e Xerente de Cooperativas en Zaragoza. En 1936 fixo propaganda do Estatuto de Autonomía de Galicia de 1936 como afiliado ás "Mocidades Galeguistas". Tras a Guerra Civil desenvolveu un intenso labor agrarista e cooperativista en Galicia. En 1955 trasladouse a Orotava (Tenerife) onde traballou como mestre e como Técnico Agrícola do Laboratorio do Cabildo Insular. Tras un breve regresou a Galicia en 1960 para traballar como técnico de SEMISA, empresa produtora de sementes, volveu trasladarse ese mesmo ano, agora a Zaragoza, para dirixir unha empresa gandeira (AIVESA). Como froito do seu labor de promoción agraria en prensa, en 1963 foi galardoado co Premio Ramón Mourente de temas agrarios e en 1964 co premio "Luís Sánchez Harguindey" polo mesmo motivo. En 1970 regresou a Galicia para traballar como mestre en Pontecesures ata a súa xubilación en xaneiro de 1983. A Asociación Galega de Cooperativas Agrarias outorgoulle en 1998 a Insignia de Ouro e Esmalte da Unión de Cooperativas. No ano 2000, a Universidade de Santiago de Compostela outorgoulle a súa Insignia de Ouro.É historia viva de Galicia.

Texto e fotos: Candea.

————————————————————

 

Cambados 21 de outubro de 2008

PLANO DA RUTA CAMBADOS CON CABANILLAS

PERCORRERASE ESTE MÉRCORES DENTRO DAS I XORNADAS "CABANILLAS NA ESCOLA"

ORGANIZADAS POR CANDEA.

plano ruta

 

Este martes e mañan mércores  e dentro das I Xornadas Cabanillas e a Escola comunicamos que vanse facer as rutas guiadas por Cambados. O mércores hai moita xente apuntada, pero se alguén está interesado/a podería ir o martes, haberá un percorrido colectivo guiado polas rúas e os lugares da obra e da vida de Ramón Cabanillas en Cambados, con lectura participativa dos seus textos, dirixido por Manuel Núñez e Xoan Antonio Pillado, ámbolos dous pertencentes a Asociación de Ensinantes do Salnés "Candea". Nel váisenos indicando os lugares máis emblemáticos de Cambados para Cabanillas cunha poesía do autor adicada o lugar en cuestión e así temos: 1.-"Salutatio ad patrim" (Casa natal). "2.- "A Asorey" e "No Casino". 3.- "O sábado na escola" O Convento. 4.- "As tardes na Pastora" Santa Mariña e A Pastora. 5.-"Mariñeira" Santo Tome". 6.- "Na casa vella" Rúa Hospital. 7.- "A Calzada de Cambados" "Na ribeira" A Calzada. 8.- "Lumen No Pazo", "A un cacique" Praza de Fefiñans. 9 "Sono dourado". Cemiterio de Fefiñans. Punto de runión: praza de Fefiñáns ás 4,30 da tarde

Texto e foto: Candea.

————————————————————

 

Cambados 20 de outubro de 2008

"A GRAN MURALLA" NO CANCIONEIRO SELECTO DE MIRO CASABELLA

A POESÍA DE RAMÓN CABANILLAS  NO LIBRO QUE XAN FRAGA ESCRIBE SOBRE O CANTAUTOR.

CORRESPONDE O LP "TI GALIZA".

cambados unhagrandechea miro casabella (2) cambados unhagrandechea miro casabella (3) cambados unhagrandechea miro casabella cambados unhagrandechea luis rei cabanillas (2)

1.- Miro Casabella con Bernardino Graña e Beiras.- 2.- Portada de Ti Galiza.- 3.- Portada do libro de Xan Fraga.- 4.- Ramón Cabanillas.

 

O escritor Xan Fraga ven de escribir un libro-reportaxe titulado "Miro Casabella e a nova canción galega" da Editorial Galaxia, nel fai un detallado repaso a vida e obra de Miro Casabella así como os seus coetáneos de "Voces Ceibes". O remata do libro entre o cancioneiro selecto de Miro Casabella destaca o autor do mesmo "A Gran Muralla", unha poesía de Ramón Cabanillas escrito no ano 1926 para unha nova edición do seu libro "Da Terra Asoballada". Esta poesía foi musicada por Miro Casabella para o seu Longa Duración (LP) "Ti Galiza" publicado por Ariola  en 1977 era a terceira canción do LP e contaba con arranxos de Luis Pedro Faro  e Jose Mario Branco.

Texto: Unha Grande Chea.- Fotos.- Libro de Xan Fraga.

————————————————————

 

Cambados 19 de outubro de 2008

O GROVE: UN EXEMPLO PARA CAMBADOS
A ASOCIACIÓN POLA RECUPERACIÓN DA MEMORIA HISTÓRICA DO GROVE CELEBRA POR SEGUNDO ANO CONSECUTIVO AS "XORNADAS LEI DA MEMORIA HISTÓRICA"
O DÍA 25 DE OUTUBRO NO CINE O MARINO DA VILA MECA.

cambados unhagrandechea memoria historica o grove (3) cambados unhagrandechea memoria historica o grove (4)

1 e 2.- Carteles do evento.

cambados unhagrandechea memoria historica o grove (1) cambados unhagrandechea memoria historica o grove (2) cambados unhagrandechea memoria historica o grove (6) cambados unhagrandechea memoria historica o grove (7) cambados unhagrandechea memoria historica o grove (8) cambados unhagrandechea memoria historica o grove

1.- Xosé Avelino Ochoa Gondar. 2.- Juan José del Aguila Torres. 3.- Juan Antonio Martin Pallin. 4.- Angel Rodriguez Gallardo. 5.- Joan Tardá e 6.- Miguel Angel Rodriguez Arias.

Os cambadeses debiamos tomar bo exemplo do Grove en canto a recuperación da Memoria Histórica se refire. O vindeiro 25 de outubro celebran por segundo ano consecutivo as "Xornadas Lei da Memoria Histórica" con relatores da talla de José Antonio Martin Pallin quen disertará sobre "No se puede enterrar el olvido, Angel Rodriguez Gallardo "Nova fase na recuperación da memoria Histórica; a perpesctiva asociativa", Joan Tardá "VIII Legislatura: una oportunidad perdida para terminar con el modelo español de impunidad", Juan José del Aguila Torres "La jurisdicción militar de guerra de la dictadura franquista, la necesidad de conocerla y acceso a los archivos militares" e Xosé Avelino Ochoa Gondar "A Lei de Amnistía 46/1977. Un obstáculo procesual?" coa actuación tamén do Estudio de Ballet Va´Lontano. Tamén o mesmo día terá lugar a conferencia "Los niños perdidos del franquismo" a cargo de Miguel Angel Rodriguez Arias, profesor de Dereito Penal da Universidade de Castilla La Mancha. Os actos serán presentados por Xan Caneda e Xesús Maria González.

Texto: Unha Grande Chea.- Fotos: A.R.M.H O Grove.

————————————————————

Cambados 18 de outubro de 2008

UNHA GRANDE CHEA NOS ENLACES DE GOGUE
E PARA NOS "UN ORGULLO Y SATISFACCIÓN" COMO DIRÍA O MONARCA
ESTAMOS A RECÍPROCA NA NOSA PÁXINA

CO DEBUXANTE GOGUE

Gogue con varios compoñentes de Unha Grande Chea.

E para nos toda unha honra estar nos enlaces dunha das páxinas máis visitadas de Galicia, e unha das máis importantes nin máis nin menos que na páxina do caricaturista Gogue. Non somos merecedores de tan alto honor. Obviamente estamos a recíproca a tamén engadimos a www.goguetoons.com entre os nosos enlaces. Dicir tamén que o caricaturista meco cambadés Gogue acaba de ser entrevistado na TVG , podedes ver a entrevista en http://www.crtvg.es/TVGacarta/?prog=18 clic en 16/10/08 e despois ides a terceira paxina e vedes a caricatura de John Lennon.-

Texto e foto: Unha Grande Chea.,

————————————————————

About unhagrandechea1

Somos a Asociación Cultural e DeportivaUNHA GRANDE CHEA de Cambados, vivimos para o Antroido e o Albariño. Tamén organizamos outros actos na vila. Se nos queres ver o careto estamos aquí nesta ligazón: http://picasaweb.google.es/unhagrandechea/XUNTADIRECTIVA?feat=directlink E se nos queres coñecer máis a fondo visita a nosa páxina web : www.unhagrandechea.org.es O que che está escribir é Chon , o presidente de Unha Grande Chea.
Esta entrada foi publicada en CAMBADOS UNHA GRANDE CHEA. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s