Cambados 11 de outubro de 2008
A "NOVA TROLA" INFORMA DUN ATENTADO CONTRA TOURIS.
UNHA PANCARTA CONTRA O ALCALDE NA AVDA DA GALICIA
PÍDESELLE QUE LIMPA A ESTACIÓN O ESTRAÑO É QUE OS SERVIZOS MUNICIPAIS AÍNDA NO MANDARON RETIRALA
O periódico cambades "A Nova Trola" informa no seu número de hoxe con foto incluída, que unha pancarta contra o Alcalde Touris foi colocada na Avda de Galicia de Cambados, preto da praza de Abastos. A pancarta insta a Tourís que limpa a estación de autobuses. O estraño que a pancarta aínda non foi retirada polos servizos municipais incumprindo así a máis esenciais normas de ornato e coidado da vila. Seguramente os autores da colocación da pancarta son faccións socialistas ou nacionalistas marxistas leninistas. Touris sempre reivindicou en todos os panfletos que facia o seu partido que a Estación a construíran eles.
Texto e foto: "A Nova Trola".
————————————————————
Cambados 10 de outubro do 2007
OS PERSONAXES DE LEIRO POBOAN A CASA GRANDE DO POZO DO CABID
AGORA EDIFICIO CAIXA GALICIA
UN VIDEO DE ANOSA TERRA TV AMOSANOS A GRANDEZA DO ARTISTA CAMBADÉS E A REIVIDACIÓN DO SEU “CAMBADESISMO”
Antes chamábase así. Agora chámase Edificio Caixa Galicia", chanceaba o escultor na mañá do martes 7 de outubro, cando se inaugurou esta mostra permanente. A sede da Fundación Caixa Galicia en Compostela, na Rúa do Vilar, acolle dende ese día, arredor do pozo, unha alegoría da cidade creada polas mans de Francisco Leiro sobre madeira. Se tes problemas para ver o vídeo dende a pa´xina preme diractamente nesta ligazón: http://br.youtube.com/watch?v=nUlVHRu1dS4 .
Texto e Video: A Nosa Terra TV (http://br.youtube.com/anosaterraTV )
————————————————————
Cambados 10 de octubro do 2008
ANTONIO VEGA EN CAMBADOS
"NOVA PRODUCIÓNS" ENCARGASE DA SÚA CONTRATACIÓN
TRÁTASE DUN CONCERTO ACÚSTICO DO ARTISTA NA XUVENTUDE
1.- Antonio Vega.- 2.3.4.e 5.- Willy, Juan, Pepe e Quique os responsables de "Nova Produccións"
Cambados será o escenario dos dous próximos concertos de Antonio Vega . O ex integrante de Nacha Pop volverá á comarca arousá pouco antes do Nadal para ofrecer o mellor da súa música en directo. A iniciativa é obra dunha nova produtora musical que comezou a funcionar no municipio e que xa se encargou de concertos como o de Alis ou o de Garaxe Jack.
Será o próximo 19 de decembro cando Antonio Vega chegue a Cambados. A partir das once e media da noite ofrecerá o seu primeiro concerto acústico no auditorio da Xuventude. As entradas, que aínda non saíron á venda, terán un prezo de vinte euros. Para os que se perdan este concerto, haberá un máis ao día seguinte. á mesma hora e polo mesmo prezo, os fans deste artista poderán gozar dos seus grandes éxitos en rigoroso directo.
Vega xa ofreceu tres concertos na comarca arousá durante o pasado verán. Estivo dous días no náutico de San Vicente, con gran éxito de público. Quizais por iso agora anímase a volver ao Salnés, aínda que nesta ocasión cambiará o escenario do emblemático local grovense polo do auditorio cambadés.
O concerto é cita obrigada para todos os fans do ex integrante de Nacha Pop. Do mesmo xeito que no náutico, poderán escoitarse cancións que hoxe son un clásico, como A moza de onte ou O sitio do meu recreo . Todo, nun directo impecable que garante a acústica do auditorio de Cambados.
Da organización desta actuación encárgase unha nova produtora musical de Cambados. Está formada por catro mozos do municipio. José Luis Cacabelos, Juan Rivas, Roberto Pérez e Enrique Barreiro compoñen esta nova firma que xa conta con algunha experiencia na celebración de concertos en directo. eles foron os encargados de xestionar a actuación de Alis, que actuou durante as pasadas festas do albariño. Tamén organizaron o concerto que Garaxe Jack ofreceu no Clímax e no Náutico de San Vicente. Ademais da actuación de Antonio Vega , esta firma atópase preparando agora máis concertos, dos que informará proximamente.
Texto: Maruxa Alfonso. Fotos: a Voz de Galicia e Unha Grande Chea.
————————————————————
Cambados 10 de octubre de 2008
“SIN TETAS NO HAY PARAISO”
A ACTRIZ MARIA CASTRO JATO EN CAMBADOS
PAPEL PRINCIPAL NA SERIA DE MÁIS RABIOSA ACTUALIDADE
XANTOU NO "RESTAURANTE FORNÑOS" DE CAMBADOS.
1 e 2.- A Actriz Maria Castro Jato co personal do Restaurante "Forniños" de Cambados
María Castro Jato é unha actriz galega nacida en Vigo (Galicia) en 1981. O seu primeiro traballo como actriz foi o papel de Paula Barreiro (antes interpretado por Cristina Castaño) na exitosa serie da canle autonómica galego TVG, Pratos combinados. A partir de aí participou como presentadora e actriz en múltiples series e espazos da TVG. Tamén traballou en teatro e como actriz de dobraxe, así como en publicidade e como modelo en pases e sesións fotográficas. Participou como actriz á repartición da primeira serie diaria de produción española da Sexta, SMS, onde interpretaba a Lucía. Na actualidade ten o papel de Jessica en “Sen tetas non hai paraíso”, serie emitida por Telecinco. Ademais participou no novo videoclip de Melocos, Fuches Ti.
Foi atleta na modalidade de Ximnasia Rítmica Deportiva desde os 6 ata os 17 anos e é licenciada en Ciencias da Actividade Física e o Deporte pola Universidade de Vigo. En canto á súa formación estudou danza contemporánea, ballet clásico, danza moderna e hip-hop, e cabaret. realizou varios cursos de interpretación e dobraxe. Participou nas longametraxes “A vida mancha” (2003) “Días Azuis” (2006),”Os mortos van rápido” (2008). Fai uns dias estivo no “ Restaurante Forniños” de Cambados o carón da nosa amiga Lupe Miser, quen por suposto non lle ten nada que envexar a famosa aztriz en canto a beleza se refire.
Texto: Unha Grande Chea..- Fotos: "Restaurante Forniños".
————————————————————
Cambados 9 de outubro de 2008
CABANILLAS NO CONGRESO ESPAÑOL
TABUYO PRESENTA UNHA PREPOSICIÓN NON DE LEI
PENDENTE DE "PASAR" A COMISIÓN DE CULTURA.
1.- Tabuyo, Antón Louro e Pepe Daporta. 2.- Ramón Cabanillas.- 3.- Casa natal do escritor.
O deputado socialista, o cambadés Domingo Tabuyo, presentou ao Congreso dos Deputados unha proposición non de Lei para instar ao Goberno «a colaborar na realización de actividades, exposicións e publicacións sobre a vida e obra de Ramón Cabanillas, dentro do programa do Ano Cabanillas 2009 dedicado polo Concello de Cambados para a exaltación do seu poeta máis universal».
Tabuyo recorda que Cambados acordou o pasado ano declarar o 2009 como Ano Cabanillas «con obxecto de honrar a celebración do 50 aniversario da morte do chamado poeta dá raza». Por iso acordou solicitar a axuda do Goberno central para sufragar as actividades. Aínda que de momento non se pechou un calendario de actos a realizar, Tabuyo mantén diversas reunións coa Sociedade Estatal de Conmemoracións Culturais para definir as actuacións concretas. «Cabanillas foi un dos escritores máis destacados da literatura galega do Século XX», argumentou o cambadés.
A proposta recibiu xa o visto e prace do grupo parlamentario socialista e, nos próximos días, será debatida na Comisión de Cultura.
Texto: "La Voz de Galicia".- Fotos: Unha Grande Chea.
————————————————————
Cambados 8 de outubro de 2008
O CADRO REDONDO DE LINO SILVA
PÓDESE VER NO BAR SILVA QUE REXENTA O SEU IRMÁ XOAN SILVA
O BOHEMIO ARTISTA CAMBADÉS NON TEN LÍMITES.
1.- O Cadro Redondo de Lino Silva.2.- A sinatura no cadro do xenial autor. 3.- Un autoretrado do excéntrico autor. (Preme nas fotos para velas ampliadas).
Hoxe os asiduos o Bar Silva (Rúa Isabel II de Cambados), vímonos sorprendidos o ver un marabilloso cadro do artista cambadés Lino Silva. Un cadro redondo feito co seu peculiar estilo, unha mistura de seres entre luces e sombras e cores variados, unhas faces cuns sorrisos estraños enleados uns a outros. Non sabemos canto vai durar o cadro na parede do Bar Silva pero de seguro que moi pouco, os seus adeptos enseguida llo mercarán.
Texto e fotos: Unha Grande Chea.
————————————————————
Cambados 7 de Outubro de 2008
O HOTEL CALIXTO EN OBRAS
ACTUALMENTE ESTÁ DIVIDIDO EN DÚAS VIVENDAS PARTICULARES
COMEZOU A FUNCIONAR NO ANO 1900
1.- Hotel Calixto na actualidad. 2.- O Hotel Calixto en 1910.- 3.- Publicidade feita por Castealo do Hotel Calisto. (Preme nas fotos para velas ampliadas.)
Se estiveramos no ano 1900 diriamos que o hotel Calixto está en obras, en realidade hoxe está dividido en dúas casas particulares , para válenos para rememorar a historia de este edificio. Comezou a funcionar no ano 1900 no edificio que aínda hoxe se conserva ben, aínda que van a proceder a unha serie de reparacións. O edificio era propiedade de Benito González. Castelao debuxou unhas tarxetas de promoción para este hotel. Foi o lugar onde paraban os visitantes e os turistas que ían tomar os baños a Toxa. Tiña no seu baixo o café Moderno, onde segundo publicidade que aparece no xornal “El Umia” non se falaba nin inglés nin francés nin italiano, pero coñecíase o valor das moedas de ditas nacións,. Nese café tocaba o piano tódolos días o profesor D. Ramón Ulloa que era cego , abo do vicepresidente de Unha Grande Chea “Ulloa” . Durante a ditadura de Primo de Rivera o delegado gobernativo para o partido xudicial de Cambados tivo neste hotel o seu despacho. Deixou de funcionar arredor de 1930.
Texto:”Cambados cen anos de historia a través da fotografía” dos alumnos do I.E.S. Francisco Asorey e Unha Grande Chea.- Fotos: As mesmas fontes.
————————————————————