HUMOR RETRANQUEIRO: * RECORDA SEMPRE QUE ES ÚNICO… EXACTAMENTE IGUAL QUE TODOS OS DEMAIS.

Cambados 1 de Outubo de 2008

TONINO INTERNACIONAL

O “MAGO” COCIÑEIRO CAMBADÉS EN PAMPLONA

FOMENTANDO O CONSUMO DAS NOSAS ALGAS

UNHAGRANDECHEA CAMBADOS TONINO (1)  UNHAGRANDECHEA CAMBADOS TONINO  UNHAGRANDECHEA CAMBADOS TONINO (3) 

1.- Tonino en plena faena.- 2.- O mago Tonino.- 3.- O Pandemonium, tanto como vinoteca como restaurante é unha visita obligada en Cambados.

O cociñeiro cambadés Antonio Botana "Tonino" presenta no III Congreso Internacional de Gastronomía e Saúde de Pamplona unha serie de pratos aderezados con algas galegas, un produto que considera que ten "camiño" para integrarse na dieta.

"As algas teñen dúas posibilidades: enxalzar outros produtos ou ben ser os protagonistas indiscutibles", manifestou desde Pamplona.

"Aínda non fun capaz de atopar un alga para convertela en protagonista pero si para enxalzar e acompañar outros a base de vieira, centola ou lura (chipirón)", comentou o cociñeiro.

Engadiu que as múltiples variedades de algas que probou, todas elas procedentes das rías ou das costas galegas, permiten "enxalzar sabores e aromas mariños” ata o punto de contribuír a “reforzar, dando cor e vistosidade" aos pratos.

Indicou que na elaboración dos seus pratos utiliza produtos dunha empresa galega que comercializa máis dunha trintena de variedade de algas, tanto frescas como en salgadas ou deshidratadas. O cociñeiro, que dispón dun coñecido restaurante Pandemonium en Cambados, destacou o contido proteínico das algas e as súas propiedades "saudables", ás que augurou perspectivas interesantes para a gastronomía.

"Se buscamos gastronomía e saúde, as algas son o camiño", indicou Botana, quen subliñou que para garantir a salubridade é necesario que se cultiven en "zonas marítimas limpas afastadas das concentracións de metais".

O III Congreso Internacional de Gastronomía e Saúde, que ten previsto premiar ao popular cociñeiro Karlos Arguiñano e homenaxear aos actores Imanol Arias e Juan Echanove, conta coa presenza de restauradores de Galicia, Cataluña, País Vasco, Asturias, A Rioxa e Andalucía, ademais de profesionais de Italia e Francia.

Texto: Diario de Arousa.- Fotos: Diario de Arousa, Tonino e Unha Grande Chea.

————————————————————

Cambados 1 de outubro de 2008

MANUEL BUSTO EN GALERIA BORRÓN

DENDE O TRES DE OUTUBRO ATA O 5 DE NOVEMBRO

O PROFESOR DEBUXANTE EXPÓN AS SÚAS OBRAS

cambados unhagrandechea manuel busto cambados unhagrandechea manuel busto (2) cambados unhagrandechea manuel busto (4) cambados unhagrandechea manuel busto (7) cambados unhagrandechea manuel busto (9) 

1.- Manuel Busto.- 2,3,4, e 5.- Varias obras de Manuel Busto que podes ver nesta exposición.

Dende o vindeiro tres de outubro e ata o cinco de novembro, o pintor e profesor Manuel Bustos expón na Galeria Borrón de Cambados, o titulo da exposición é "Incerteza". A exposición póde vistar de martes a sábados de 11.30 a 14 horas e de 18.30 a 21.30 horas. Manuel naceu en Pontevedra no  1957 cursor estudos na facultade de Belas Artes en  Madrid entre 1977 e 1982.

Texto e fotos: GALERÍA BORRÓN 4.   Av. Galicia, 39 Cambados (Pontevedra) Telf. 986.52.01.22.  borron4@terra.es 

————————————————————

Cambados 30 de setembro de 2008

GOGUE CODEASE COA XENTE DE HOLLYWOOD

VEN DE FACER UN IMPRESIONANTE TRABALLO PARA JIM WARD

O MAIS COÑECIDO LOCUTOR E ACTOR DE DOBLAXE DE HOLLYWOOD

unhagrandechea cambados gogue unhagrandechea cambados gogue (5) unhagrandechea cambados gogue (1) unhagrandechea cambados gogue (3) unhagrandechea cambados gogue (4) unhagrandechea cambados gogue (2) 

1.- Charles Chaplin por Gogue. 2.- O Gordo e o flaco por Gogue.- 3.- Harold LLoyd por Gogue.- 4.- Jim Ward.- 5.-Lisa Coburn. 6.- James Coburn.

O caricutaturista grovense e de ascendencia cambadesa Gogue, autor dunha viñeta diaria no Faro de Vigo, ven de facer un traballo nunha páxina web para o famosisimo locutor e actor de doblaxe holiwudiense Jim Ward. Todas as caricaturas  e ilustracións que se ven na páxina son do noso amigo Gogue incluido a animación e flash. A autora da páxina web e Lisa Coburn filla do lexendario actor de cine xa desaparecido James Coburn. Podedes ver o traballo integro de Gogue en http://www.apocryphalbuttrue.com/

A veces temos grandes e verdadeiros artistas entre nos é parece que lle dan máis importancia noutros paises neste caso EEUU, como é o caso de Gogue. Parabens meco.

Texto: Chon (grazas o correo de Gogue). Fotos.- http://www.apocryphalbuttrue.com/ .

————————————————————

Cambados 29 de Setembro de 2008

“SALVEMOS FONTE GAITEIRA”

A PLATAFORMA RECIBE O APOIO DOS GAITEIROS

ALGUNS CAMBADESES TAMÉN SE ACHEGARON ATA CATOIRA

salvemos fonte gaiteira (1) salvemos fonte gaiteira (2) salvemos fonte gaiteira

1.- A ponte de madeira de Fonte Gaiteira.- 2.- Varios gaiteiros tocando unha peza.- 3.- Xaquin Xesteira e Nando Casal. (Preme nas fotos para velas ampliadas)

A Plataforma catoirense “Salvemos Fonte Gaiteira”, recibiu o apoio dos gaiteros galegos en reivindicación  de que non se constrúa no parque natural “Fonte Gaiteira”, entre eles poidemos ver a Xaquin Xesteira de Treixadura e Nando Casal de Milladoiro. Centos de persoas acudiron en sinal de protesta para salvar esta gran arboleda. Ata ali tamén se achegaron algúns gaiteiros cambadeses que tamén quixeron apoiar a plataforma, en representación de Unha Grande Chea acudiron Susa e Chon. A verdade é que é unha aberración o que se pretende construir ali. Próximamente colgaremos unha reportaxe fotográfica do evento en “As nosas fotos…”. Polo momento podedes entretervos cun video en  “Os Nosos videos” dun dueto de luxo Nando Casal e Xaquin Xesteira tocando xuntos unha peza. Tamén si queredes podes ver un video de Edelmiro 007 que tamén estivo no lugar premendo en http://br.youtube.com/watch?v=vGKkt8-15F8 .

Texto: Chon.- Fotos: Unha Grande Chea.

————————————————————

Cambados 28 de setembro de 2008

A DORNA AIREXA, GAÑA CONTRA PRONÓSTICO

O IV DESAFIO “SARRID WHAIT LOME” PARA A TRIPULACIÓN DE FERNANDO POMBO

ESCASO VENTO PERO MOITA EMOCIÓN

cambados unhagrandechea airexa (2) cambados unhagrandechea airexa (1)  cambados unhagrandechea airexa

1.- A Airexa en primeiro plano e Unicornio Azul en plena regata.- 2.- O publico que quixo pudo seguir a regata dende o Daporta do Mar.- 3.- A tripulación gañadora no entrega de trofeos no Pub a Leria. (Preme nas fotos para velas ampliadas)

A dorna Airexa patroneada for Fernando Pombo foi a gañadora contra pronóstico do IV desafio “Sarrid Whait Lome”, disputado onte nas augas da Ria de Arousa. A regata dou comenzo as cinco da tarde, e durou preto de duas horas. O vento escaseaba , pero non a emoción a regata foi apretada , sempre comandada por Unicornio Azul, ata que chegou o momento cumbre da tarde, a viraxe na voia do Eirido, ai a expericiancia da tripulación da Airexa e a súa maniobra adiantaron a Unicornio, o mesmo tempo que o “desventaron”, cando xa quiso reaccionar era tarde e a Airexa curzou primeira a liña de meta pero con Unicornio na popa. En "Os nosos vídeos", podedes ver imaxes da regata, e en "As nosas fotos…", fotos da regata e da entrega de premios. Unha preciosa tarde de mar, empanada e viño.

Texto: Chon.- Fotos Unha Grande Chea.

————————————————————

Cambados 27 de setembro de 2008

O CINEASTA CAMBADÉS JUAN GALIÑANES NOVAMENTE PREMIADO

NO FESTIVAL DE CINE DE ELCHE

MELLOR PRODUCCIÓN DE ANIMACIÓN  POR “EL BUFÓN Y LA INFANTA”

4111844505  UNHAGRANDECHEA CAMBADOS JUAN GALIÑANES (9)

1.- Cartel de "Espiritu del Bosque".- 2.- Juan con Chon e Richar de Unha Grande Chea.

O cineasta cambadés Juan Gañliñanes ven de ser premiado no Festival de Cine de Elche pola mellor producción de animación polo seu curto “El Bufón y la Infanta” . Ademais o noso paisano é noticia doblemente xa que foi o montador de “Espiritu del Bosque” unha longametraxe de animación,  e a estar a argallar o a súa propia longametraxe, da que xa vos informaremos cando teñamos máis datos. Máis información en http://juangalinhanes.wordpress.com/  

Texto e fotos: Unha Grande Chea e http://www.espiritudelbosque.com/ 

Visita o noso fotolog: http://www.fotolog.com/unhagrandechea1 

———————————————————– 

Cambados 27 de setembro do 2008

II FESTA GASTRONÓMICA PEZUÑAS DE PORCO

OS DIAS 10, 11 E 12 DE OUTUBRO

NO PASEO DA CALZADA – CAMBADOS

PezunosDePorco2008PezunosDePorco2008PezunosDePorco2008PezunosDePorco2008

1.- Cartel anunciador do evento.

A Asociación Amigos do Pezuño organiza por segundo ano a Festa Gatronómica Pezuñas de Porco (a anterior fixose en 2006), no Paseo da Calzada os días 10, 11, 12 de outubro. Tamén se poderá degustar mexilón, polbo e berberechos, así como viños do pais. Colaboran entre outras entidades o Pazo “A Capitana” , a Depuradora José Maria Daporta e Hijos, a Adega Ouso da Torre (Bar Germán) e o Concello de Cambados.

Texto e Fotos:  http://www.cambadosweb.net/

Visita o noso fotolog: http://www.fotolog.com/unhagrandechea1 

————————————————————

Cambados 26 de setembro do 2008

PROBLEMAS NA WEB http://www.cambados.tk

NON ESTARÁ OPERATIVA ATA O MARTES

SEGUE A FUNCIONAR O SEU FAMOSO LIBRO DE VISITAS

www.cambados.tk   www.cambados.tk (2)

1.- Portal de www.cambados.tk.- 2.- O insuperable Beni Pomares.

Dende o día 23 de setembro pasado, hai problemas coa administración da web, e polo menos ata o vindeiro martes non se poderá modificar o contido da páxina, agás o libro de visitas que segue aberto para todos vos.

De todo los xeitos a páxina amiga aconséllanos  o artigo “Deci Alpiste”, un novo artigo de opinión de Beni Pomares, e que xa deixou varios comentarios no libro de vistas.

Texto e fotos www.cambados.tk

Visita o noso fotolog: http://www.fotolog.com/unhagrandechea1 

————————————————————

 

About unhagrandechea1

Somos a Asociación Cultural e DeportivaUNHA GRANDE CHEA de Cambados, vivimos para o Antroido e o Albariño. Tamén organizamos outros actos na vila. Se nos queres ver o careto estamos aquí nesta ligazón: http://picasaweb.google.es/unhagrandechea/XUNTADIRECTIVA?feat=directlink E se nos queres coñecer máis a fondo visita a nosa páxina web : www.unhagrandechea.org.es O que che está escribir é Chon , o presidente de Unha Grande Chea.
Esta entrada foi publicada en CAMBADOS UNHA GRANDE CHEA. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s