HUMOR RETRANQUEIRO:”A CERTEZA DA DIAGNOSI É O PRIMEIRO MEDICAMENTO EFICAZ”

 

Cambados 26 de setembro de 2008

ÁS ARBORES DO CARRIL-BICI

ALGUNHAS TAPAN O TRAXECTO

E CUESTIÓN DE ENDEREITALAS.

SANY2748

1.- Unha árbore invasora.

Dando un paseo co vehículo sen motor de dúas rodas  polo carril-bici de Cambados, aparte de gozar das vistas que nos despensa o mar, como vaias despistado pódeste atopar de fronte coas ramas de algunha que outra árbore que o invaden. Non sabemos que administración  ten que coidalo, o que si pedimos e que se fagan as correccións canto antes, simplemente por un tema de seguridade.

Texto: Chon.- Foto Unha Grande Chea.

————————————————————

Cambados 26 de setembro do 2008

O PAPA NOVAMENTE EN CAMBADOS

SEGUNDO O PERIÓDICO CAMBADÉS "A NOVA TROLA"

VIAXA DE INCÓGNITO ACOMPAÑADO DE ROUCO.

o papa e rouco

1.- O Papa e Rouco na vendima cambadesa.

Por segundo ano consecutivo o Papa Benedicto XVI atópase estes días de incógnito por Cambados na compaña de Monseñor Rouco, os dous parece que están a purgar os seus pecados e como penitencia veñen a botar unha man na vendima. Se topades con eles facer como si nos virades, tamén vai na penitencia.

Texto: Chon.- Foto: "A nova Trola".

————————————————————

 

Cambados 25 de setembro de 2008

UNHA GRANDE CHEA TV CUMPRE DOUS ANOS http://br.youtube.com/UnhaGrandeChea

PRETO DE 94.000 REPRODUCIÓNS DE VÍDEO

20 VÍDEOS SUPERAN AS 1000 REPRODUCIÓNS.

YOU TUBE UNHAGRANDECHEA  youtubeUNHA GRANDE CHEA

Cando empezamos con isto do you tube, nin por asomo pensamos que iamos a ser tan visitados, despois de Chourizo Films, somos o canal cambadés que recibe máis visitas. Temos subido ata o de agora 195 vídeos, nos cales podes ver un pouco de todo, eventos de Cambados, vídeo clips de composicións de Unha Grande Chea, humor, costumes etc.  Imos a seguir nesta liña e temos a produción en traballo continuo. Grazas a todos polas vosas visitas…e pola vosa paciencia.

Fotos e Texto: Unha Grande Chea.

————————————————————

 

Cambados 25 de setembro de 2008

MANSO E AMIGOS NA XUVENTUDE

ACOMPAÑADOS DO GRUPO RUADA

CO GALLO DA FESTA DA VENDIMA ORGANIZADA POLO CONCELLO.

SDSSD

1.- Manso e amigos en plena actuación.

O grupo Manso e Amigos, composto por Manso, Monchiño Vieites, José Antonio Vilas, Blas Dominguez e Xoán Silva, actuarán o vindeiro sábado día 27 de setembro no Auditorio da Xuventude ás 20.30 co gallo da Festa da vendima e apoiados polo Grupo Ruada de Marín. Se queres deleitar o teu oído non podes perderte este recital. Na sección "Os nosos vídeos" podes gozar do bolero "Despierta", unha marabilla na voz de Xoán Silva.

Decir tamén que o domingo as 20.30 horas e continuando coa Festa da Vendimia, poderemos escoltar no Auditorio un Concerto  do Grupo de Acordeóns do C.V.C. Valadares.

Texto: Chon .- Fotos: Unha Grande Chea.

————————————————————

Cambados 25 de setembro de 2008

unhagrandechea cambados rifunhagrandechea cambados rifunhagrandechea cambados rif

nuevo-1   nuevo-2   nuevo-3

VENRES 26 de Setembro
UNHA NOVA OCASIÓN PARA DESFRUTAR DO ELEGANTE I EXCLUSIVO DIRECTO DA RIFROCKERZ  BLUESBAND
con  PACO CHARLÍN ó baixo, PITI ‘drumz’ á batería e SITO SUÁREZ á guitarra. Si queredes ver un concerto único donde o rhythm’n’blues se mestura co funk, os ritmos africanos, o jazz, o garage máis directo e o rock de longas improvisacións…
NON VO-LO PODEDES PERDER!!! eo

Sábado 27,

para pechar o mes, sesión "RETRO BEAT"
a cargo dos RIFROCKERZ.DjSet
E ISTO SERÁ TODO POR ESTE MES AMIGOS!!!
A PARTIR DE OUTRUBRO COMEZAMOS
NOVA TEMPADA NO RIF-ROCK, CON NOVOS COLABORADORES, NOVOS Dj’S E MOITOS MÁIS ESPECTÁCULOS EN DIRECTO…
estade atentos en:
http://rifrockerz.blogspot.com/ (Texto e fotos)

————————————————————

Cambados 24 de setembro de 2008

MANIFESTO DA PLATAFORMA  "SALVEMOS A FONTE GAITEIRA"

(Catoira)

Diante da aberración que pretende facer o concello de Catoira na Fonte Gaiteira, onde quere construir un macroedificio, para abergar unha nova casa do concello e un auditorio-multiusos, son moitos os veciños e veciñas da nosa vila, que discrepan da ubicación desa obra e da necesidade de construir unha nova casa do concello. Por esta razón, o pasado domingo 14 de setembro, reunironse nese parque máis de cen persoas en asamblea aberta, na que se acordou formar unha Plataforma Cívica para conseguir salvar a Fonte Gaiteira. Un parque que debemos preservar e ampliar para disfrute xeral da cidadanía.

2430981819_bac0baf7752431627583_f6501552bb

FONTE GAITEIRA (Preme nas fotos para velas ampliadas)

Na devandita asamblea, atopábanse tamén representantes de diversas asociacións como Adega, que é a organización ecoloxista máis importante de Galicia,  Asociación de Gaiteiros Galegos, Ateneo Vikingo, a asociación de mulleres rurais “Ascuas”, sociedade de San Antonio de Padua etc.

A nosa vila, non pode perder a posibilidade de ter no centro do pobo un parque, que pola súa amplitude, daria aos veciños e veciñas das catro parroquias de Catoira  diversos servizos, parque infantíl, zonas de lecer, lugar de concertos no verán ao aire libre etc.. Sería un auténtico despropósito, renunciar a ter ese gran parque, para construir unha nova casa do concello que ninguén demanda e tendo espazos de sobra para ubicar o auditorio-multiusos.

2431627597_0966be17ef2431627623_b21a4dea412432519866_a300ba2f1c

FONTE GAITEIRA (Preme nas fotos para velas ampliadas)

Ao carón desa parcela, formando todo un conxunto homoxeneo, harmónico, atópanse un muiño e outros bens protexidos por patrimonio, ao estar catalogados como ben de interese cultural, a ponte, a igrexa etc. O lóxico é darlle a todo esto un tratamento global integrando todo nun gran parque.

En Catoira temos unha serie de valores que nos distinguen e nos dan unha personalidade propia como pobo, os muiños de vento, de auga, de marea, as Torres de Oeste etc… Cunha pequena inversión, teriamos no centro do pobo outro valor que nos distinguiria e seria outro simbolo de identificación da nosa vila, o parque da Fonte Gaiteira. Renunciar a esto para facer un edificio, é converternos nunha vila estándar, sen personalidade, é renunciar a ir sumando valores e simbolos, que son os que fan atractivo a un pobo.

2432485052_67e3bc75b72432519852_bbf954ce792508452738_40feeb164cwww.catoira.net

FONTE GAITEIRA (Preme nas fotos para velas ampliadas)

Esas son as razóns polas que se crea a Plataforma “Salvemos a Fonte Gaiteira”

Tendo coma reivindicacións principais as seguintes:

CONSTRUIR O AUDITORIO-MULTIUSOS NOUTRO LUGAR

DEIXAR A CASA DO CONCELLO ONDE SE ATOPA AGORA, PROCEDENDO A

UN ARRANXO DO ENGADÍDO QUE SE LLE FIXO  Á VELLA CASA CONSISTORIAL.

CONVERTER TODA A PARCELA DA FONTE GAITEIRA NUN PARQUE.

DOMINGO 28 DE SETEMBRO, CONCENTRACIÓN NA FONTE GAITEIRA ÁS 12 DA MAÑÁ.   SALVEMOS A FONTE GAITEIRA.

PLATAFORMA   “SALVEMOS A FONTE GAITEIRA

2432519856_c4ecb748182432519862_09ac96771e_opropiedade da sociedade Santo Antonio de Padua de Catoira.

FONTE GAITEIRA (Preme nas fotos para velas ampliadas)

FONTE GAITEIRA DE CATOIRA

(Carta aberta do gaiteiro Nando Casal a todos os gaiteiros de Galicia)

P5052737 nuevo-2  Unhagrandechea cambados bng (9)

1.- Nando Casal.- 2.- Nando Casal en Milladoiro.- 3.- Nando Casal en Cambados. (Preme nas fotos para velas ampliadas)

Nos tempos máis escuros da nosa cultura e da nosa música tradicional, no noso país non abundaban os grupos de gaitas, non sendo doado atopar máis alá dun puñado desas formacións, fundamentais na conservación e transmisión do patrimonio musical do noso pobo.

Había unha vila en Galiza, na que  a mediados do século pasado, seguia mantendo viva a nosa música .  Así,  Os Riveiros”,  “Brisas do rio Ulla, “Os Areeiras” e logo máis tarde “Faíscas do Xiabre” fixeron que Catoira fose o pobo de Galiza no que había máis cuartetos de gaita. Foi a nosa vila unha importante “Fonte Gaiteira” do noso país.

Eran tempos aqueles nos que, froito do autoodio, do complexo de inferioridade que se fomentaban desde o poder, o gaiteiro e a súa música era considerada por moita xente música de aldeanos e paletos.

Afortunadamente a situación mudou e hoxe, tanto a nosa música tradicional, como a figura emblemática que  a representa “o gaiteiro” gozan do recoñecemento da maioría do pobo. Pódese dicer, que estamos a vivir un explendor da nosa música. Semella que as distintas fontes gaiteiras ao longo do noso país tiñan un bo caudal, para que as novas xeracións bebesen deses ricos manantiais, fructificando e ampliando ese rico patrimonio herdado dos nosos devanceiros.

Esta reflexión ven a conto, porque en Catoira, no corazón do pobo, temos un fermoso parque que se chama “Fonte Gaiteira”, no que no seu dia tocaron os lexendarios Gaiteros de Soutelo. Atopándose ao carón da Fonte Gaiteira un prado, un muiño de auga e unha ponte romanica protexida por patrimonio. O concello en vez de darlle a todo esto un tratamento global, ampliando o parque, pretende enche-lo de formigón para construir un macroedificio.

Diante desa pretendida desfeita, unha parte importante do pobo de Catoira reaccionou e ten convocada unha concentración na Fonte Gaiteira, o vindeiro domingo 28 de Setembro ás 12 horas.

A música tradicional dun país, ven a ser a banda sonora coa que se identifica ese pobo. Na creación desa banda sonora ten unha influenza fundamental a paisaxe e o medio no que vivimos. Por eso as persoas vinculadas á nosa música tradicional, somos especialmente sensibles coas agresións ao medio ambiente.

Catoira aportou moito a ese manantial da música tradicional que antes citaba, a traveso da nosa Fonte Gaiteira, da que moitos seguimos bebendo.

Para protexer o noso patrimonio artístico, paisaxístico, medioambiental, é polo que vos fago un chamamento a todos os gaiteiros do país, a que acudades o vindeiro Domingo á concentración que imos celebrar ás 12 da mañá no devandito parque. Pretendemos facer unha grande concentración de gaiteiros. Traer os vosos instrumentos para demostrar que os gaiteiros galegos queremos defender a Fonte Gaiteira.

Logo convidámosvos a xantar no parque.

Salvemos a Fonte Gaiteira.

Unha aperta. Nando Casal- gaiteiro-     

 Texto: "PLATAFORMA SALVEMOS A FONTE GAITEIRA" e "NANDO CASAL".- Fotos: J.M. Carballal, www.catoira.net , www.milladoiro.com,  e Unha Grande Chea.

————————————————————

About unhagrandechea1

Somos a Asociación Cultural e DeportivaUNHA GRANDE CHEA de Cambados, vivimos para o Antroido e o Albariño. Tamén organizamos outros actos na vila. Se nos queres ver o careto estamos aquí nesta ligazón: http://picasaweb.google.es/unhagrandechea/XUNTADIRECTIVA?feat=directlink E se nos queres coñecer máis a fondo visita a nosa páxina web : www.unhagrandechea.org.es O que che está escribir é Chon , o presidente de Unha Grande Chea.
Esta entrada foi publicada en CAMBADOS UNHA GRANDE CHEA. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s