Cambados 23 de setembro de 2008
MR. MISTO FILMS FAI UN “CASTING”
O SÁBADO 27 NO AUDITORIO DE VILAGARCIA.
PARA PARTICIPAR NUN CONCURSO QUE SERÁ EMITIDO POR CANAL RIAS BAIXAS.
1.- Entidades Colaboradras.
A produtora vilagarciana Mr. Misto Films informa de que está a organizar un concurso co obxectivo de promocionar o comercio en Vilagarcía de Arousa, que será emitido polo Canal Rías Baixas. Baixo o nome de "Ven á Vila", esta campaña pretende achegar dun xeito dinámico o comercio vilagarcián aos consumidores, polo que o concurso consistirá nunha competición entre parellas de todo tipo (amigos e amigas, mozos e mozas, pais e fillos, avós e netos, etc, de tódalas idades) para atopar o maior número posible de produtos propostos pola organización no menor tempo posible, sempre nos comercios participantes. As catro parellas finalistas disfrutarán de fantásticos regalos por xentileza dos hoteis e restaurantes vilagarcianos, así como doutros establecementos.
Poñen en coñecemento este proxecto no que poden participar e que pretende promover tamén os valores de interacción, colaboración, traballo en equipo e, por suposto, diversión. Aquelas persoas interesadas en tomar parte desta iniciativa poden inscribirse para o casting que seleccionará ás 16 parellas participantes na páxina web www.venavila.com (é moi importante que se preinscriban na web, a efectos de organización). O proceso de selección celebrarase o vindeiro sábado 27 a partires das 10 da mañá no Auditorio de Vilagarcía.
Para máis información, non dubiden en poñerse en contacto connosco. Poden consultar tamén a web oficial da campaña, www.venavila.com .
Elena Touriño, Mr. Misto Films 986 189 496 comunicacion@venavila.com
Texto e fotos: wwwvenavila.com
Visita o noso fotolog: http://www.fotolog.com/unhagrandechea1
————————————————————
Cambados 23 de setembro de 2008
DUNCAN PATTERSON E MICK MOSS EN A ESMORGA
XUNTÁNSE NOVAMENTE PARA INTERPRETAR ANTIMATTER
ACTÚA TAMÉN COMO ARTISTA INVITADO “AVERSE”
1.- Cartel anunciador do evento no Pub Esmorga.-2.- Duncan Patterson.- 3.- Minck Moos.- 4.- Cartel anunciador para toda Galicia.
Da man de Warpig Agency hoxe as 21 horas no Pub Esmoraga de Cambados un espectáculo inusual presentan a Duncan Patterson e Mick Moss, reforzados con Aversse, que noutra foran compañeiros en Anathema, vannos deleitar cun concerto de peculiares características.
Duncan Patterson. A carreira deste señor comeza na década dos noventa, cando se une como baixista e compositor á banda Anathema, dos irmáns Cavannagh. Esta banda foi pioneira, xunto a My Dying Bride e Paradise Lost, da xénese do Doom e o Gothic Metal. Bo, mentres estivo na banda, Patterson contribuíu a crear xoias como Sunset of Age (1995), Mine is Yours To Drown In (Ours is the New Tribe) (1995), Suicide Veil (1996), etc. Cando a banda publicou Alternative4, Patterson deixou a formación porque os seus gustos empezaban a ir por outros camiños.
Mick Moss en solitario dá mostras de ser capaz de seguir levando as rendas de Antimatter, unha banda de rock progresivo, pero cun enfoque mais emocional.
Texto e fotos: Warpig Agency
Visita o noso fotolog: http://www.fotolog.com/unhagrandechea1
————————————————————
Cambados 23 de Setembro do 2008
A FESTA DO ALBARIÑO EN www.galicia360.com
UNHA FOTO DE 360º DO PASEO DA CALZADA
EN PROXECTO A PRAZA DE FEFIÑANS.
1.- A páxina www.galicia360.com .
Unha das páxinas web máis prestioxiosas do noso país www.galicia360.com , acaba de publicar unha foto do Paseo da Calzada en plena ebulición da Festa do Albariño podes vela na seguinte ligazón http://www.galicia360.com/comarca-do-salnes/festa-do-albarino-cambados.html , e un xeito máis de darlle prestixio a nosa festa e realzar a mesma . Tamén nos comentaron da referida web que teñen en estudo facer unha fotografía de 360º da Praza de Fefiñans.
Texto: Chon.- Foto: www.galicia360.com .
Visita o noso fotolog: http://www.fotolog.com/unhagrandechea1
————————————————————
Cambados 22 de Setembro do 2008
ENTREVISTA A FRANCISCO FERNANDEZ REI “PACO DE XENXA”
“O IDEAL É QUE TODO O MUNDO COLABORARA”
UNHA GRANDE CHEA PUXO O XERME DO ANO CABANILLAS 2009 COA SÚA HOMENAXE NO 2006.
1.- Paco no homenaxe a Cabanillas organizada por Unha Gande Chea.- 2.- No viño posterior co presidente de Unha Grande Chea e a delegada de Industria Montse Prado.- 3.- Coa Concelleira de Cultura Anabel Carro. (Preme nas fotos para velas ampliadas).
Cambados, unha terra que rezuma cultura e arte desde Fefiñáns ata San Tomé, ten no académico Francisco Fernández Rei toda unha institución á hora de organizar calqueira acto relacionado co mundo das letras. Por iso, a ninguén lle resultou estrano que o Concello pensara nel para encabezar a comisión organizadora dos actos do Ano Cabanillas 2009. Profundo coñecedor do poeta da raza, soubo formar un equipo perfecto co seu biógrafo, Luis Rei, para que a partir do mes de xaneiro os salinienses poidan redescubrir a este autor, que segundo afirma, foi fundamental para o desenvolvemento do pensamento galeguista e combativo nunha época na que o compromiso non era doado.
Francisco Fernández Rei é un apaixoado da cultura e non sabe dicir que non cando lle propoñen algún proxecto relacionado co seu pobo, con Cambados. Orgulloso da súa condición de veciño de Triana, o académico non dubidou en asumir o compromiso e xa presentou o borrador dun ambicioso programa para conmemorar o Ano Cabanillas 2009. É un conversador pausado, tranquilo, pero firme no momento adecuado e non deixa pasar a oportunidade para engaiolar a quen lle fala e convertir a entrevista en tertulia. Coñecemento e sabidoría sóbralle e, como bo mestre, sabe transmitila.
¬O 2009, coa celebración do Ano Cabanillas, debería ser un ano especial para Cambados?
¬Non só para Cambados, senón para O Salnés e para toda Galicia
¬Recibiu Cabanillas un recoñecemento público acorde coa importancia da súa obra e o seu pensamento?
¬En vida, nos anos 10 e 20 era un dos escritores máis mimados e aclamados porque nesa época fixo tres obras que son fundamentais na historia da literatura galega moderna como son “O Vento Mareiro” en 1915, “Da Terra Asobalalda” do 17 e a “Noite Estrelecida” en 1926. Estes traballos fixeron que fora un home totalmente recoñecido antes da República, pero despois, cando pasan os tristes anos da posguerra, a figura de Cabanillas está moi valorada polo seu compromiso coa lingua, coa literatura e coa renovación de Galicia.
1.- Tumba de Cabanilla en Santo Domingo de Bonaval.-2.- Tumba de Cabanillas no Cemiterio de Fefiñans.- 3.-Paco no Monumento a Cabanillas no paseo da Calzada.
¬Pódese decir que o autor cambadés foi quen de favorecer a creación de editoriais galegas?
¬Non vou a mencionalas agora, pero hai moitas que a primeira obra que publicaron foi de Ramón Cabanillas.
¬Que significou a Coroación de Padrón.
¬El xa era moi velliño, pero foi porque era consciente da importancia que tiña ese acto, xustamente un ano despois da coroación de Rosalía de Castro.
¬Foi Cabanillas unha fonte para as letras dos cantautores galegos?
¬Teño que decir que si. Botaban man de Celso Emilio (Ferreiro), pero tamén do Cabanillas combativo, pero o tempo pasa e neste momento, coa excepción de Cambados no que está moi presente, este autor está moi esquecido.
¬A qué e refire vostede cando fala do Cabanillas combativo?
¬Cabanillas é unha das figuras fundamentais, non só literarias, porque foi moito máis ca eso. O home adoptou unha postura combativa ao servizo dunha causa. Pero a verdade é que hai varios Cabanillas; o amoroso ou o dramaturgo, con obras fundamentais para o teatro do século vinte.
1.- Paco cos seus compañeiros da Real Academia Galega. 2.- Paco no seu despacho.- 3.- Paco na organización das Xornadas de Embarcacións Tradicionais.
¬Poderase poñer en valor todo o seu legado durante o Ano Cabanillas?
¬Eso agardamos, pero non desde arriba, senón desde a base, desde as escolas, os colexios e a xente.
¬A falta de poucos meses para a efeméride, qué queda por programar?
¬Neste momento está todo por facer, aínda que hai diversas propostas plantexadas polos colectivos de Cambados.
¬Convocárono a vostede para algunha reunión na que analizar esas propostas?
¬A única reunión oficial que houbo foi a constitución da comisión hai dous ou tres meses. Desde aquela non houbo máis. Supoño que dentro de pouco nos chamarán para falar de todo isto.
¬Precísanse moitos cartos para elaborar unha programación tan completa como a que seguro ten vostede en mente?
¬Hai cousas que non se poden facer se non tes diñeiro, pero tamén se poden facer moitas con poucos cartos. Eu pensei nunha exposición de pintura galega con grandes artistas, pero ademais de precisar da colaboración doutras institucións, tamén se precisan cartos para asegurar as obras. Pero hai outras que incluso sin diñeiro se poden facer, como ocorreu o día que fixemos o acto do cincuenta aniversario da coroación de Padrón, onde non se lle pediu nada a ninguén e alí fíxose algo moi bonito, con paixón e vontade.
1.- Paco presentado en Cambados o seu libro "A Memoria de Cambados".- 2.- Paco no muelle onde tanto traballou a súa nai. 3.- Paco coa concelleira Anabel Carro e co biografo de Cabanillas Luis Rei.
¬En qué situación se atopa o borrador que presentou xunto con Luis Rei?
¬Ese programa é moi ambicioso, cun Cabanillas non só para Cambados, senón para Galicia e outros sitios, porque tivo relación con Madrid, La Habana… O que está claro é que ese ano está ahí e Cabanillas vaise a celebrar e non só para poñer en valor a este autor, senón toda a cultura que e fai no Salnés.
¬Pensa que esta celebración pode ser o xerme da creación da Fundación Cabanillas, que vostede foi o primeiro en propoñer?
¬Pode ser, pero con fundación ou sen ela pódense facer cousas. Hai uns anos catro amigos podían xuntarse e montala, pero neste momento non é tan doado porque se precisa un capital inicial e superar unha serie de controis que supoñen demasiada burocratización que impide a espontaneidade. Neste momento, para min, o fundamental é que non pase o ano 2009 sen que a figura de Ramón Cabanillas sexa realmente posta en valor. Si durante ese tempo resulta que se dan as condicións para creala, pois mira, mellor que mellor.
¬Están superadas as diferencias entre o goberno local e o BNG ao respecto da comisión organizadora dos actos?
¬Eu non son apolítico, pero neste caso prefiro ser apartidario. O ideal é que todo o mundo colabore e poña as bases para que sexa un gran ano. A min, o que realmente me gustaría, é que pasara o mesmo que cando foi o Encontro de Embarcacións Tradicionais que se celebrou en Cambados, onde estivemos todos unidos e fixemos unha cousa moi bonita.
1.- Luis Rei sendo nomeado Chelequeiro por Unha Grande Chea.- 2.- Luis Rei con Victor Caamaño.- 3.- Luis Rei con Victor Caamaño, Xuan Antonio Pillado
ƒ doado coordinarse con Luis Rei?
¬Si, estamos en contacto permanente e comentamos as propostas que presenta a xente. A nosa función é de ser asesores e contribuír a que saia o mellor posible, pero dependerá de moitos factores, como o humano ou as axudas institucionais.
¬Hai boa disposición por parte da Xunta?
¬Polo que leo na prensa parece que haina por parte dos socialistas e o último que vin é que a Consellería de Cultura tamén vai a colaborar. Penso que debe ser un proxecto de todos e logo haberá que ir encaixando as pezas e que haxa atrancos como a marea, que sube e baixa.
¬Está Cabanillas ben representado no pavillón de Galegos Ilustres?
¬É unha auténtica vergoña que 41 anos despois de que as súas cinsas haxa alí simplemente no chan dous nomes; Ramón Cabanillas. Alí non está ese epitafio que lle adicou á muller. Parece que hai ilustres de segunda como Cabanillas, Asorey e o gran xeógrafo Domingos Fontán. Eso non pode ser.
Unha entrevista de Jose Pereira. Fotos: Diario de Arousa, Faro de Vigo, A Voz de Galicia e Unha Grande Chea.
Visita o noso fotolog: http://www.fotolog.com/unhagrandechea1
————————————————————